InicioOccidentalViveiroViveiro inaugura este xoves o "Banco Violeta para a Reflexión contra a...

Viveiro inaugura este xoves o “Banco Violeta para a Reflexión contra a Violencia de Xénero”

María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, fai un chamamento “a concienciar e visibilizar esta lacra social da violencia de xénero, temos que estar preto das vítimas e axudalas, aumentando os recursos para rematar o antes posible esta loita”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro continúa mañá xoves a programación con motivo do 25-N, Día Internacional contra a violencia de xénero.

A partir das 17:30 horas, a Praza da Habana acolle a inauguración do ‘Banco Violeta para a Reflexión contra a Violencia de Xénero’, unha iniciativa levada a cabo en colaboración coa Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela (Bumei).

María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, fai un chamamento “a concienciar e visibilizar esta lacra social da violencia de xénero, temos que estar preto das vítimas e axudalas, aumentando os recursos para rematar o antes posible esta loita”.

“Facémonos eco desta iniciativa de poñer bancos lilas nos concellos para dar conta e lembrar a todas as mulleres que foron vítimas de violencia de xénero nos últimos anos”, detalla pola súa parte Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Muller. “Deste xeito, queremos amosar a nosa repulsa e visibilizar esta lacra”, engade.

No acto procederase á lectura dun manifesto por parte de dúas integrantes do grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro e pecharase cunha intervención artística por parte de David Bellas.

O propio venres 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero, organizarase a marcha ‘En negro contra as violencias’ que sairá dende Castelos (Covas) para rematar na Praza Maior de Viveiro, onde se lerá o manifesto institucional.

Haberá paraugas conmemorativos a disposición dos asistentes para protexerse das posibles inclemencias do tempo así como camisetas doadas pola Deputación de Lugo. Ao finalizar o acto, todas as persoas que participen poderán desfrutar dun chocolate con churros.

O compromiso coa loita contra a violencia de xénero por parte do Concello de Viveiro queda patente nun programa de actos con motivo do 25N de claro carácter transversal e no que se propoñen diferentes actividades ao longo de varios meses.

Así, as citas continuarán o martes día 29, ás 20:30 horas, coa representación no Teatro Pastor Díaz de ‘Continente María’, unha gran peza da escena galega actual de Ainé Producciones, e a obra ‘Fillas Bravas’ de Chévere, o sábado 3 de decembro.

Ao longo do ano sucederanse tamén os obradoiros sobre sexualidade nos I.E.S. María Sarmiento e Vilar Ponte, a cargo da sexóloga Raquel Graña, levarase a cabo un taller de creación audiovisual contra a violencia de xénero, no que participará o Grupo de Participación Xuvenil, e dende o club de lectura en feminino, dinamizado por Estíbaliz Veiga, crearase o ‘Recanto Violeta’.

 

ÚLTIMAS

Raquel Marqués, fisioterapeuta: “Gústame mostrarlles aos demais como se viven outras realidades”

-Como foi a túa transición persoal e profesional debido á túa invidencia? Diagnosticáronme a doenza...

Jairo Campo: “O máis complicado para min foi compaxinar ser xogador e presidente do Burela”

-Como foi o camiño até chegar á asunción da presidencia do Burela? Ese ano, 2002,...

Viveiro mantivo todos os servizos básicos e só ten pendentes o 2,5% das facturas

A Alcaldía de Viveiro aclara que actualmente só está pendente a asignación de orzamento...

Burela celebra as Letras Galegas cunha ampla programación

O Concello de Burela presenta a súa programación para conmemorar as Letras Galegas 2024,...