InicioCentralBurelaBurela celebra as Letras Galegas cunha ampla programación

Burela celebra as Letras Galegas cunha ampla programación

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela presenta a súa programación para conmemorar as Letras Galegas 2024, cunha proposta de actividades que se estenderá durante unha semana.


“Entre as actividades, destaca o buzón de intercambios de lectura, que instalaremos no parque Rosalía de Castro, unha iniciativa que anima a compartir os nosos libros cos veciños e veciñas”, sinala Carmela López, alcaldesa de Burela.


Na tarde de ontes, venres 10, celebrouse o primeiro evento do programa, cun concerto da Escola de Música no Hospital. Hoxe, sábado 11, actuarán as voces e arpas ‘Luvavai’ ás 20.00.


O domingo 12, o Auditorio Municipal de Burela recibe ás 20.00 o 32º Festival das Letras Galegas, coa actuación da Coral Parroquial de Landrove (Viveiro), a Coral Polifónica de Cariño e a Coral Polifónica de Burela.


“Agradecemos a todas as entidades a súa colaboración nestas iniciativas, así como á veciñanza que se sumará de seguro a moitas delas”, engade o primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado.


O mércores 15, o Concello propón a decoración dun photocall con motivo das Letras Galegas, adicado á escritora Luisa Villalta, impulsado polo grupo de participación adolescente do Concello de Burela. O xoves 16 será o maratón de escritura cos centros educativos no salón de plenos do Concello.


Por último, o venres 17 de maio, durante a mañá decorarase o kiosco con voluntarios do club de lectura e inaugurarase o buzón de intercambios de lectura no parque Rosalía de Castro.


“A programación deste ano é variada, abarcando máis alá da lectura e chegando a outros aspectos culturais, como a música, con opcións para todas as idades”, resume a concelleira de Cultura, Lina Gómez.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...