InicioOccidentalViveiroViveiro cualifica de éxito a última edición da CAMOVI

Viveiro cualifica de éxito a última edición da CAMOVI

“Foi, unha vez máis, un gran éxito tanto de participación como de público”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro celebra o éxito da CAMOVI desta fin de semana, un evento deportivo que chegou neste ano 2024 á súa XIII edición.


“Foi, unha vez máis, un gran éxito tanto de participación como de público”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. “Milleiros de persoas puideron deste xeito desfrutar dos nosos montes e da natureza que rodea Viveiro”, engade a rexedora.


Loureiro agradeceu “o inmenso traballo tanto da organización como dos máis de 200 voluntarios e voluntarias, que estiveron toda a fin de semana axudando para que todo saíra ben”.


A Carreira por Montaña Montes de Viveiro é, para a alcaldesa, “un evento deportivo crucial para o municipio, situando a Viveiro no mapa nacional do deporte coa súa ampla traxectoria”.


A proba destaca “pola súa dureza pero tamén pola súa beleza, transcurrindo por paraxes únicos que os e as participantes poden deste xeito coñecer de primeira man”, apunta Loureiro.


“É marabilloso ver como a Camovi segue a medrar ano tras ano, tendo como principios fundamentais o respecto ás persoas, ao medio ambiente, a equidade, a axuda mutua e a solidariedade”, sinala a rexedora. “Comezou sendo unha iniciativa entre amigos e agora xa é unha referencia internacional”, engade.


“Como parte do evento destacaron tamén a emotiva homenaxe a Ramón Blanco no Teatro Pastor Díaz e as probas infantís CAMOVI Kids”, concluíu a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Un home tivo que ser reanimado tras caer ao mar en Celeiro

Un home de 56 anos de idade, A.M.T.S., foi rescatado e reanimado polos servizos de emerxencias...

O comité de Alcoa urxe ampliar a balsa de lodos: “Os compradores non van querer un depósito que se acaba no 2025”

O presidente do comité de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, avisou de que se necesita...

Atropelada unha nena de 12 anos preto do instituto de Foz

Unha menor, duns 12 anos de idade, resultou ferida leve na mañá deste luns...

Trabada realiza obras no parque infantil e no parque de Santa

O Concello de Trabada rematou as tarefas para substituír o valado do parque infantil...