InicioEconomíaO comité de Alcoa urxe ampliar a balsa de lodos: "Os compradores...

O comité de Alcoa urxe ampliar a balsa de lodos: “Os compradores non van querer un depósito que se acaba no 2025”

O presidente do comité de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, avisou de que se necesita "urxentemente" solucionar a ampliación da balsa de lodos, xa que "está claro que os compradores van querer ter un depósito que dure nove ou dez anos".

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, avisou de que se necesita “urxentemente” solucionar a ampliación da balsa de lodos, xa que “está claro que os compradores van querer ter un depósito que dure nove ou dez anos”. En declaracións este martes, Zan expresou que eses 10 anos máis coa ampliación de 100 a 104 metros supón o tempo para “preparar outras opcións para o día de mañá”, “e non un depósito que se acaba no ano 2025“.

A ampliación do depósito de barros vermellos (DBR) de Alcoa está pendente de que a empresa achegue máis documentación á Xunta de cara ás súas autorizacións, así como da súa caracterización como residuo perigoso. “Levan moito tempo dicíndonos en reunións que non había problema ningún con este asunto”, quéixase Zan, ao que agrega: “Agora atopámonos cun problema que necesitamos urxentemente que se solucione”.

Lembra que os informes achegados por Alcoa á Xunta “non están completos” por falta de parámetros, a falta de caracterizar o produto, pois se cualifica actualmente como residuo perigoso. Por iso, o comité informa de que Alcoa prevé dar unha resposta nun prazo máximo de tres semanas sobre se vai seguir adiante co proxecto coa caracterización do produto como perigoso ou vai esperar a realizar as análises para ver cal é a caracterización. Despois do proceso de saúde pública, aínda faltaría a Declaración de Impacto Ambiental (DIA). Así, haberá unha futura mesa técnica para abordar os pasos a seguir.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...