InicioOccidentalUn home tivo que ser reanimado tras caer ao mar en Celeiro

Un home tivo que ser reanimado tras caer ao mar en Celeiro

Segundo informa o 112.

Publicada o

- Advertisement -

Un home de 56 anos de idade, A.M.T.S., foi rescatado e reanimado polos servizos de emerxencias tras caerse ao mar este mércores, preto da lonxa de Celeiro segundo informou do CIAE 112 Galicia.

Os feitos ocorreron pasadas as 10,00 horas, cando varias persoas alertaron aos servizos de Emerxencias de que un home se caeu ao mar. Aínda que os particulares conseguiran sacalo da auga, o home achábase inconsciente. O CIAE 112 alertou a Urxencias Sanitarias-061, así como a Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas, bombeiros de Viveiro, Garda Civil e Protección Civil.

Posteriormente, os bombeiros informaron de que o home xa estaba consciente, despois de que se lle aplicasen técnicas de reanimación e de que fose atendido polos profesionais de urxencias sanitarias. Así, o 061 enviou á zona unha ambulancia de soporte vital básico medicalizada cun equipo de Atención Primaria, e unha ambulancia de soporte vital avanzado, que foi a que o trasladou ao Hospital público da Mariña.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no...