InicioOrientalTrabadaTrabada realiza obras no parque infantil e no parque de Santa

Trabada realiza obras no parque infantil e no parque de Santa

“O valado estaba deteriorado despois de varios actos vandálicos na zona e procedimos a cambialo para que o espazo esté en boas condicións para os nenos e nenas”, explica o alcalde, Rubén García

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada rematou as tarefas para substituír o valado do parque infantil do colexio de Infantil e Primaria.

“O valado estaba deteriorado despois de varios actos vandálicos na zona e procedimos a cambialo para que o espazo esté en boas condicións para os nenos e nenas”, explica o alcalde, Rubén García.

Por outra parte, xa comezou a renovación completa do parque infantil da parroquia de Sante, unha actuación incluída no Plan Único da Deputación de Lugo.

“Desta forma, seguimos a dar pasos para mellorar as nosas instalacións de lecer e os parques infantís de Trabada, potenciando o seu uso por parte das familias”, engade o alcalde.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no...