InicioOccidentalViveiroA alcaldesa de Viveiro critica que o PP non axude para unha...

A alcaldesa de Viveiro critica que o PP non axude para unha solución coa ‘Casa dos Mestres’

Publicada o

- Advertisement -

O A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, lamenta que “o PP non apoie ao concello na búsqueda dunha solución razoable e asumible para a Casa dos Mestres”.

No pleno deste mércores e en resposta a unha moción do PP, o grupo de goberno xa deixou claro que “a Xunta de Galicia, a través do IGVS, ten diferentes liñas de axuda para rehabilitación de inmobles, pero unhas ás que se refire o PP non poden ser tramitadas polo Concello de Viveiro debido a que van dirixidas a concellos de menos de 10.000 habitantes”.

O PP trouxo ao pleno outro tipo de subvencións, neste caso para vivendas rehabilitadas en ámbitos históricos e de 55.000 euros. “Como vostede describe na súa moción, a edificación denominada Casa dos Maestros atópase nun estado lamentable. O Concello de Viveiro é consciente do estado da edificación, pero a intervención para a creación de vivendas sociais requeriría dun investimento superior aos 1,5 millóns de euros, podendo obter, no mellor dos casos, unha subvención de 55.000 euros por vivenda, o que acadaría unha subvención máxima de 660.000 euros. Evidentemente, este investimento non é asumible polo Concello de Viveiro”, apunta Loureiro.

En palabras da alcaldesa, “cómpre subliñar que, debido que para o concello é inasumible a realización das obras, debería realizar o PP as xestións oportunas para que o IGVS se faga cargo da rehabilitación do inmoble para poñelo a disposición daquelas persoas que necesiten vivendas sociais, que son unha competencia da Xunta”.

“Entendemos que esta actuación podería ser obxecto dun convenio, mediante o cal a Xunta asumise as actuacións e xestións referidas a esas vivendas, poñendo a disposición do concello a planta baixa para intentar manter as actividades de uso asociativo que actualmente se veñen levando a cabo nese inmoble”, remata Loureiro.

ÚLTIMAS

Un home tivo que ser reanimado tras caer ao mar en Celeiro

Un home de 56 anos de idade, A.M.T.S., foi rescatado e reanimado polos servizos de emerxencias...

O comité de Alcoa urxe ampliar a balsa de lodos: “Os compradores non van querer un depósito que se acaba no 2025”

O presidente do comité de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, avisou de que se necesita...

Atropelada unha nena de 12 anos preto do instituto de Foz

Unha menor, duns 12 anos de idade, resultou ferida leve na mañá deste luns...

Trabada realiza obras no parque infantil e no parque de Santa

O Concello de Trabada rematou as tarefas para substituír o valado do parque infantil...