InicioOccidentalCervoAndaina solidaria en Cervo polo Día Internacional contra a violencia de xénero

Andaina solidaria en Cervo polo Día Internacional contra a violencia de xénero

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo celebra unha andaina solidaria desde a unidade residencial da asociación  Saúde Mental A Mariña, coa incorporación do alumnado do CEIP de Cervo.

Tamén haberá outros actos. Ante a Casa do Concello, lectura de manifesto a cargo dunha usuaria do centro e de estudantes do CEIP de Cervo, seguido dun minuto de silencio en recordo de todas as mulleres vítimas desta lacra. Interpretación do tema “chea de vida” de Guadi Galego en lingua de signos por parte do alumnado do CEIP de Cervo.

Pola tarde:

Ás 18:30 horas, a presidenta de Mulleres en Igualdade Provincial Lugo-Cervo, Adelina Fernández, procederá a descubrir un banco morado que quedará instalado na Prazoleta da Casa da Cultura, e que ela mesma acondicionou en memoria de todas as mulleres vítimas da violencia machista

A continuación, ás 19:00 horas, haberá teatro no auditorio a cargo da asoc. Saúde Mental A Mariña e do grupo de teatro Ardora.

Organizan delegación de Muller e Igualdade do Concello de Cervo, Mulleres en igualdade Cervo, asoc. Saúde Mental e CEIP de Cervo

ÚLTIMAS

Condena de 22 meses de cadea por estafar máis de 45.000 euros a un veciño de Ribadeo

O Xulgado do Penal número 2 de Lugo resolveu impor este venres unha pena...

Sen noticias sobre compradores para Alcoa, segundo o comité de empresa

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao, no muncipio lucense de Cervo, asegurou...

A xestión pesqueira, tema do primeiro día das xornadas técnicas de Expomar

As XXXI Xornadas Técnicas e o XXV Encontro Empresarial de Expomar celébranse esta semana...

Ribadeo anuncia que o servizo de pediatría ofrecerá atención diaria

Ribadeo conta xa co servizo de pediatría todos os días. Anunciouno o alcalde, Dani...