InicioOrientalRibadeoCondena de 22 meses de cadea por estafar máis de 45.000 euros...

Condena de 22 meses de cadea por estafar máis de 45.000 euros a un veciño de Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

O Xulgado do Penal número 2 de Lugo resolveu impor este venres unha pena de 22 meses de cárcere a unha muller acusada de estafar algo máis de 45.000 euros a un home en Ribadeo co que simulaba manter unha relación sentimental para demandarlle axuda económica.

O Ministerio Fiscal, que solicitaba inicialmente para a procesada unha pena de prisión de tres anos, rebaixou a 22 meses a súa petición de condena logo de que os letrados da acusación particular e a defensa alcanzasen un acordo de conformidade.

A acusada, que recoñeceu os feitos ante a xuíza e aceptou a pena, non ingresará en prisión ao carecer de antecedentes penais e ser a súa condena inferior aos dous anos, aínda que dita suspensión da pena privativa de liberdade quedou supeditada a que non volva delinquir nun prazo de tres anos e a que abone en tempo e forma a indemnización pactada en concepto de responsabilidade civil.

A imputada –condenada agora mediante sentenza firme– coñeceu ao denunciante en setembro de 2020 nun club de alterne da localidade de Ribadeo. Foi entón cando, “decatándose rapidamente da súa especial debilidade anímica e afectiva”, recolle o escrito fiscal, “ideou unha trama para obter á súa costa o maior beneficio económico posible”.

Facéndolle crer que estaba profundamente namorada del e que chegarían mesmo a casar, detalla a Fiscalía no seu escrito de acusación, a muller comezou a solicitar á vítima axudas económicas para facer fronte ao pago de débedas, enfermidades de familiares e outros asuntos que o home pagaba mediante a realización de transferencias bancarias á conta do fillo da acusada por un importe total de 45.365 euros.

RESPONSABILIDADE CIVIL

Ademais da unha pena de 22 meses de cárcere por un delito continuado de estafa, o Xulgado do Penal número 2 de Lugo acordou impor tamén á acusada o pago dunha indemnización ao damnificado de 45.365 euros, é dicir, a cantidade total obtida pola muller de maneira ilícita do patrimonio da súa vítima.

O pago, que deberá ser completado pola acusada nun prazo máximo de 36 meses para evitar que o acordo para a suspensión da súa pena de prisión poida ser revogado, será abonado, acordaron as partes, en cotas de 1260 euros mensuais

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

Eleccións á presidencia do Ribadeo FC: abre o prazo para presentar candidaturas

O Ribadeo Fútbol Club convoca eleccións á presidencia da entidade e o prazo...

Barreiros realizará a Orla da Escola Infantil coa fotógrafa Natalia Blanco

O Concello de Barreiros vén de anunciar que contará coa fotógrafa local Natalia Blanco,...