InicioOccidentalCervoSen noticias sobre compradores para Alcoa, segundo o comité de empresa

Sen noticias sobre compradores para Alcoa, segundo o comité de empresa

"O proceso de venda farase cun comprador como mínimo tan grande como Alcoa ou maior", indicaron, segundo lles explicaron representantes do Goberno en anteriores encontros

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao, no muncipio lucense de Cervo, asegurou descoñecer se hai compradores interesados na compañía e insistiu na importancia da construción do forno de cocción.

Nun comunicado, tras a reunión da mesa técnica do depósito de barros vermellos (DBR) levada a cabo o pasado luns, os representantes dos traballadores explicaron que Alcoa non ten o residuo caracterizado, algo “indispensable” para pasar o trámite de Saúde Pública.

Estas palabras foron na liña do que xa anunciou o presidente do comité, José Antonio Zan, tras o encontro, quen avisou de que se necesita “urxentemente” solucionar a ampliación da balsa de lodos, xa que “está claro que os compradores van querer ter un depósito que dure nove ou dez anos”.

Por iso, o comité informa de que Alcoa prevé dar unha resposta nun prazo máximo de tres semanas sobre se vai seguir adiante co proxecto coa caracterización do produto como perigoso ou vai esperar a realizar as análises para ver cal é a caracterización. Despois do proceso de saúde pública, aínda faltaría a Declaración de Impacto Ambiental (DIA). Así, haberá unha futura mesa técnica para abordar os pasos a seguir.

Entre outras cuestións, tamén subliña que Alcoa está en pleno proceso de venda e que non conseguiu fondos por ser unha empresa “en crise”.

“O proceso de venda farase cun comprador como mínimo tan grande como Alcoa ou maior”, indicaron, segundo explicáronlles representantes do Goberno en anteriores encontros.

“Esiximos comezar de forma inmediata a construción do forno de cocción para que non afecte nin ao plan de viabilidade e os seus prazos, nin aos empregos dos traballadores do complexo tanto propios como exteriores“, sentencia o comité.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

Eleccións á presidencia do Ribadeo FC: abre o prazo para presentar candidaturas

O Ribadeo Fútbol Club convoca eleccións á presidencia da entidade e o prazo...

Barreiros realizará a Orla da Escola Infantil coa fotógrafa Natalia Blanco

O Concello de Barreiros vén de anunciar que contará coa fotógrafa local Natalia Blanco,...