InicioOrientalRibadeoRibadeo anuncia que o servizo de pediatría ofrecerá atención diaria

Ribadeo anuncia que o servizo de pediatría ofrecerá atención diaria

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo conta xa co servizo de pediatría todos os días. Anunciouno o alcalde, Dani Vega, quen explicou: “dende o Concello estivemos buscando a solución e xestionando ante a Xunta de Galicia para que o servizo de pediatría fora de todos os días e dende logo conseguímolo”. 

Pero o rexedor municipal manifestou tamén que “non é un tema para esquecer, é un asunto para ser constante e esixente e que se cubra calquera baixa ou vacación porque dende logo Ribadeo non pode perder ese servizo diario de pediatría. Sabemos da dificultade e que é moi complexo buscar un pediatra para cubrir unha baixa ou unha vacación porque non os hai”.

Dani Vega engadiu: “nestes días tivemos varias reunións coa Consellería e estivemos buscando solucións. Nestes momentos o servizo de pediatría en Ribadeo é de todos os días, pero estamos atentos e vixiantes e con esa relación constante entre administracións porque vai haber vacacións, seguramente que haberá baixas, e debemos ser esixentes para que a Xunta de Galicia comprenda: ten que ser consciente que dada a poboación de Ribadeo o servizo de pediatría ten que ser de todos os días”.

O alcalde de Ribadeo rematou comentando que é “un problema solucionado, pero o Concello non vai aparcar o tema senón que vai ser constante e esixente porque o servizo de pediatría en Ribadeo ten que estar todos os días dada a poboación e o número de familias que acoden ao pediatra. Polo tanto vamos estar traballando e todas as familias saben que teñen ao Concello ó seu servizo e se necesitan algo imos seguir axudando e colaborando”.

BNG

Desde o BNG local sinalan que “a verdade é que se desde hoxe vai haber servizo de pediatría todos os días, do cal nos alegramos, é porque a profesional titular desa praza en Ribadeo incorporouse ao seu posto de traballo despois dun período de baixa laboral desde o mes de decembro do ano pasado”.

Ademais, sinalan ao alcalde que pretende “facernos crer que a reincorporación desa profesional se debe ás súas xestións, cando durante seis meses non fixo absolutamente nada, é o mesmo que burlarse de todos os veciños e veciñas”.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...