InicioOccidentalCervoCervo inautura a exposición "Surcando Mares" na finxa anexa ao Museo do...

Cervo inautura a exposición “Surcando Mares” na finxa anexa ao Museo do Mar

Publicada o

- Advertisement -


O Concello de Cervo vén de inaugurar este mediodía a mostra “Surcando Mares”, na finca anexa ao Museo do Mar, que é propiedade municipal. A exposición nace froito dun convenio de colaboración coa asociación Mar de San Cibrao, para a posta en valor desta parcela, a través da cesión de diferentes pezas relacionadas co mundo marítimo (áncoras, hélices, maquinillas, haladores…), propiedade de Moncho Rivas e de Ángel Fernández, instaladas nestes terreos “que pouco a pouco iremos convertendo nun museo ao aire libre para desfrute de veciños e visitantes”, precisou a alcaldesa.


Durante o acto, que arrincou cun concerto da orquestra do Conservatorio de Viveiro, na Praza dos Campos, a rexedora apuntou que “é un día importante para Cervo, no que poñemos en valor esta finca municipal anexa ao museo do mar grazas a un convenio subscrito coa asociación Mar de San Cibrao, e quixo agradecer especialmente a súa xenerosidade a Moncho e Ángel, pola cesión destas pezas procedentes de diferentes pesqueiros que nos permitirán coñecer un pouquiño máis sobre o funcionamento dos barcos e abrir así unha nova ventá de San Cibrao ao mar, como homenaxe ao mundo do mar e ás súas xentes”.

Esta exposición –engadiu- tamén nos permite reflexionar sobre a riqueza asociativa que temos en Cervo, porque o tándem Concello e Mar de San Cibrao, neste caso é un exemplo de que o traballo en equipo sempre é un éxito.

A alcaldesa animou a veciños e visitantes a que se acheguen a dar un paseo por estes terreos e “desfrutar deste museo ao aire libre, sempre con civismo e reponsabilidade, porque é de todos os cerveses”.

ÚLTIMAS

Raquel Marqués, fisioterapeuta: “Gústame mostrarlles aos demais como se viven outras realidades”

-Como foi a túa transición persoal e profesional debido á túa invidencia? Diagnosticáronme a doenza...

Jairo Campo: “O máis complicado para min foi compaxinar ser xogador e presidente do Burela”

-Como foi o camiño até chegar á asunción da presidencia do Burela? Ese ano, 2002,...

Viveiro mantivo todos os servizos básicos e só ten pendentes o 2,5% das facturas

A Alcaldía de Viveiro aclara que actualmente só está pendente a asignación de orzamento...

Burela celebra as Letras Galegas cunha ampla programación

O Concello de Burela presenta a súa programación para conmemorar as Letras Galegas 2024,...