InicioOccidentalCervoAsí ven PP, BNG e PSOE o futuro da venda de Alcoa

Así ven PP, BNG e PSOE o futuro da venda de Alcoa

O futuro da factoría mariñá presente na mañá deste luns no Parlamento de Galicia,

Publicada o

- Advertisement -

PP expresou que ve “excesivamente optimista” o horizonte temporal ata o mes de xuño dado por Alcoa para a venda da factoría de San Cibrao, que o BNG pide que sexa intervida ante o risco de que poida pechar como ocorreu coa da Coruña, mentres que os socialistas reivindicaron que a operación, de darse, debe cinguirse ao acordo alcanzado pola compañía cos traballadores. O futuro da factoría mariñá estivo no foco durante a rolda de comparecencias de prensa celebradas na mañá deste luns no Parlamento de Galicia polos grupos do Partido Popular, Bloque e PSdeG.

Así, o portavoz parlamentario do PP de Galicia, Alberto Pazos Couñago, considerou, na liña do expresado pola conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, que o prazo dado por Alcoa para atopar comprador para a planta de San Cibrao –Cervo– é “excesivamente optimista, de xeito evidente”. Pazos expresou que entende que a Xunta debería, desde o respecto á “confidencialidade”, poder “fiscalizar” o proceso de venda e, así, “colaborar en todo o que sexa posible” para atender “o interese fundamental” de que se manteña a actividade da empresa na comarca da Mariña.

Para a viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, os anuncios da multinacional estadounidense supoñen “unha volta á casa de saída” con “a ameaza de marcharse” do norte de Lugo “sen cumprir cos compromisos de investimentos”. Ao seu xuízo, Alcoa “segue a mesma folla de ruta” que coa planta da Coruña, polo que incidiu en que “a única” vía para evitar “que se repita” o ocorrido na factoría herculina hoxe pechada é que San Cibrao sexa intervida publicamente a través da SEPI “para garantir que alí se siga producindo aluminio primario”.

Tamén preguntado respecto diso, o portavoz parlamentario do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu que o Goberno galego sobre todo debe garantir que se ten lugar o proceso de venda débese facer “respectando o acordo cos traballadores”. Así mesmo, reclamou que no caso de producirse, o proceso de venda debe estar tutelados polas administracións autonómica e estatal para garantir a viabilidade da planta e a “vocación de permanencia no tempo”.

Besteiro dixo que os socialistas galegos manteñen hoxe a mesma posición dos últimos meses, con relación á situación da empresa, que pasa por reclamar o cumprimento estrito do acordo entre a compañía e os traballadores.

ÚLTIMAS

Raquel Marqués, fisioterapeuta: “Gústame mostrarlles aos demais como se viven outras realidades”

-Como foi a túa transición persoal e profesional debido á túa invidencia? Diagnosticáronme a doenza...

Jairo Campo: “O máis complicado para min foi compaxinar ser xogador e presidente do Burela”

-Como foi o camiño até chegar á asunción da presidencia do Burela? Ese ano, 2002,...

Viveiro mantivo todos os servizos básicos e só ten pendentes o 2,5% das facturas

A Alcaldía de Viveiro aclara que actualmente só está pendente a asignación de orzamento...

Burela celebra as Letras Galegas cunha ampla programación

O Concello de Burela presenta a súa programación para conmemorar as Letras Galegas 2024,...