InicioEconomíaO comité urxe a Alcoa a negociar unha solución a cambio de...

O comité urxe a Alcoa a negociar unha solución a cambio de levantar a folga nas plantas

Os sindicatos instan á empresa, que "incumpre" o laudo arbitral e as sentenzas do TSXG sobre a preservación das instalacións, a contratar o "persoal necesario" e a reactivar as cubas paradas

Publicada o

- Advertisement -

Ramón González Rey/axencias. O comité de empresa de Alcoa San Cibrao urxe á compañía a que se sente a negociar unha solución a cambio de suspender a folga indefinida que afecta a este centro produtivo da Mariña desde outubro.

Nun escrito con data de este luns, o comité insiste en demandar á compañía que se aveña a negociar tralos últimos fallos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) -que impide parar as cubas e declara nulo o ERE-.

Así, os representantes dos traballadores din “tender a man” para que se abra unha mesa coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) e outra paralela con comité e sindicatos.

E é que piden que se responda á súa solicitude, do pasado 20 de decembro, para unha reunión na que abordar o futuro da planta de aluminio, cun ofrecemento do comité a negociar as condicións da folga indefinida iniciada o 4 de outubro. Pola contra, sosteñen os traballadores, presentarán escrito de execución ante o TSXG.

“O comité de empresa segue a tenderlle a man a Alcoa para que se sente a negociar unha solución á situación actual, abrindo a mesa coa SEPI e paralelamente outra co comité e os sindicatos. Só se solicita que se senten a negociar a cambio de suspender a folga”, reitera.

O PERSOAL ACEPTARA PREXUBILACIÓNS A CAMBIO DE GARANTIR OS CONTRATOS DE RELEVO

Ademais, o comité solicita á compañía que cumpra cos acordos para a contratación de todos os eventuais acordados, arredor de 40: “que cumpra co acordo da mesa polo emprego e a sostibilidade do 28 de febreiro do 2019, no que establece a contratación de todos os temporeiros e ETTs con calificación de apto a 21 de febreiro dese mesmo exercicio”.

Son os traballadores incluídos no acordo polo que se aceptaban prexubilacións e a recolocación de obreiros das plantas de Avilés e A Coruña, a cambio de garantir os contratos de relevo.

Así, require unha reunión “urxente” con Alcoa tras “a continuada postura da empresa de non contratar ao persoal necesario para manter a integridade e seguridade das dúas plantas”, no que considera un incumprimento do laudo arbitral e das medidas cautelares dictadas polo TSXG.

O COMITÉ FALA DE PROBLEMAS DE ABASTECEMENTO DE ALÚMINA NA ELECTRÓLISE O 19 DE NOVEMBRO

A este respecto, censura a actuación de Alcoa no relativo “ao desabastecemento de alúmina en electrólise o 19 de novembro por carga de barco” e á renuncia “á rebrascaxeque supuxo a prologación dos ERTE en Reymogasa e Cyrgasa– e ao arranque de cubas paradas trala sentenza da cautelar”, así como “á parada de urxencia en Dixestión“.

Así, lembra que o laudo arbitral dictado a 30 de outubro do 2020 expón que “en caso de calquera incidencia non prevista que poña en risco a seguridade das persoas ou a continuidade das instalacións (nas dúas plantas), a dirección convocará á comisión para informar e tomar as medidas necesarias”.

PRÓRROGA DOS ERTES EN REYMOGASA E CYRGASA TRALA RENUNCIA Á BRASCAXE

Entre outras cuestións, o comité empraza á empresa a que “valore o cambio da condición de limitación de caudal a cambio de manter a produción media actual” da planta; a que poña en marcha as cubas paradas, así como a que contrate para ter “o persoal necesario” para a produción actual.

ÚLTIMAS

Raquel Marqués, fisioterapeuta: “Gústame mostrarlles aos demais como se viven outras realidades”

-Como foi a túa transición persoal e profesional debido á túa invidencia? Diagnosticáronme a doenza...

Jairo Campo: “O máis complicado para min foi compaxinar ser xogador e presidente do Burela”

-Como foi o camiño até chegar á asunción da presidencia do Burela? Ese ano, 2002,...

Viveiro mantivo todos os servizos básicos e só ten pendentes o 2,5% das facturas

A Alcaldía de Viveiro aclara que actualmente só está pendente a asignación de orzamento...

Burela celebra as Letras Galegas cunha ampla programación

O Concello de Burela presenta a súa programación para conmemorar as Letras Galegas 2024,...