InicioEconomíaPechada a venta das plantas de Alcoa en Avilés e A Coruña...

Pechada a venta das plantas de Alcoa en Avilés e A Coruña a Parter

O fondo suízo Parter Capital presentou as garantías de liquidez que a multinacional estadounidense lle requeriu para a compra das plantas

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O fondo suízo Parter Capital presentou as garantías de liquidez que Alcoa lle requería para completar a compra das plantas de Avilés e A Coruña, de xeito que este mércores quedará pechada a compraventa das fábricas, das que a multinacional estadounidense do aluminio pretendía desfacerse.

A ministra de Industria, Reyes Maroto, comunicou a nova trala reunión da comisión de seguimento dos acordos polo mantemento da actividade industrial nas dúas fábricas.

As garantías adicionais que se lle requerían a Parter Capital ascenden a 30 millóns de dólares (uns 27 millóns de euros) e esa cantidade non será percibida por Alcoa senón que se quedará como respaldo das futuras operacións das plantas.

686 TRABALLADORES

Remata así un proceso iniciado o pasado 17 de outubro, cando Alcoa anunciou o peche das factorías da Grela e San Balandrán, que empregan a 686 traballadores.

ÚLTIMAS

Viveiro acolle este sábado un concerto solidario contra o cancro

O Concello de Viveiro acollerá, no Teatro Pastor Díaz, un Concerto Contra o Cancro...

O mariñeiro evacuado o mércores despois de caer ao mar en Burela recupérase favorablemente

O mariñeiro de Foz que tivo que ser evacuado o mércores tras caer ao...

Ribadeo organiza un curso para o exame de competencias de Nivel 2

O Concello organiza un curso preparatorio para o exame de competencias clave de nivel...

Viveiro anuncia a programación para o Día das Letras Galegas 2024

O Concello de Viveiro anuncia a programación para conmemorar a celebración do Día das...