InicioOccidentalViveiroViveiro anuncia a programación para o Día das Letras Galegas 2024

Viveiro anuncia a programación para o Día das Letras Galegas 2024

A alcaldesa María Loureiro destacou "a importancia de reivindicar a figura de Luisa Villalta, unha muller que foi poeta, novelista, dramaturga, ensaísta, tradutora, filóloga, violinista e moito máis"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anuncia a programación para conmemorar a celebración do Día das Letras Galegas 2024, adicado a Luísa Villalta, que se estenderá ao longo de todo o mes de maio.

A alcaldesa María Loureiro destacou “a importancia de reivindicar a figura de Luisa Villalta, unha muller que foi poeta, novelista, dramaturga, ensaísta, tradutora, filóloga, violinista e moito máis”.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, quixo poñer en valor “a ampla programación en torno a esta data tan sinalada que temos este ano en Viveiro, con actividades de todo tipo”.

A programación comezará este sábado, día 4 de maio, coa representación da obra teatral ‘O lapis do Martín’ de Sarabela Teatro, ás 12:00 na Biblioteca Municipal. Seguirá o día 14 coa inauguración da exposición ‘Exaltación do traxe galego-indumentaria tradicional’ na sala multiusos do Concello.

O día central da programación, o 17 de maio, comezará coa interpretación do Himno de Galicia ás 12:00 no balcón da Biblioteca Municipal a cargo de David Bellas, seguida do baile tradicional da asociación Bágoas da Terra na praza maior. Convídase á veciñanza a vestir roupa tradicional ao longo da xornada como parte da acción colectiva “Orgullo de ser”.

Tamén haberá, o mesmo día ás 13:00 na praza da Fontenova, actuacións do Coro Infantil do Colexio Loís Tobío e da Coral Polifónica Alborada. A programación completarase os vindeiros días con diferentes pasarrúas, representacións, e obradoiros.

ÚLTIMAS

O xuíz do ‘caso Alcoa’ alonga seis meses máis a investigación sobre a venda das plantas da Coruña e Avilés

O xuíz da Audiencia Nacional que investiga a querela que presentou en 2020 a Confederación...

Alcoa pide “flexibilidade” ao Goberno e sindicatos para “o éxito” da venda de San Cibrao

Alcoa advirte de que "o éxito" de venda do complexo de San Cibrao, no...

Ribadeo pon en marcha o programa ‘Unha escola, un horto’

O Concello pon en marcha o programa Unha escola, un horto en 4 centros...

Burela acolle o XIV Encontro de Palilleiras este sábado

O Concello de Burela acollerá este sábado, día 18 de maio, o seu XIV...