InicioOrientalRibadeoRibadeo organiza un curso para o exame de competencias de Nivel 2

Ribadeo organiza un curso para o exame de competencias de Nivel 2

Publicada o

- Advertisement -

O Concello organiza un curso preparatorio para o exame de competencias clave de nivel 2. A formación dará comezo o vindeiro luns, 6 de maio.Vai dirixida prioritariamente ás persoas empadroadas en Ribadeo e que estean matriculadas nos exames que está previsto que se celebren o 22 xuño no Recinto Feiral da Fundación Semana Verde de Silleda (Pontevedra).

A concelleira de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio, Marta Saiz, explicou que “iniciamos o vindeiro luns, 6 de maio, un curso destinado a preparar os exames de Competencias Clave que se celebrarán o 22 de xuño, convocados pola Xunta de Galicia. As materias a impartir serán as de Competencia matemática de Nivel 2, Comunicación en Lingua Castelá de Nivel 2 e Comunicación en Lingua Galega de Nivel 2”.

A edil ribadense indicou que “a formación en Competencias Clave é unha necesidade que se leva detectando dende fai tempo debido a que a maior parte da formación para o emprego estrutúrase en Certificados de Profesionalidade, na súa maioría de Nivel 2. Para o acceso a este nivel é preciso contar cunha formación mínima de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente”.

Saiz contou que “a través das probas de competencias clave, as persoas que non contan con esta titulación mínima esixida poderán demostrar que posúen as competencias clave precisas nestas tres materias (matemáticas, lingua castelá e lingua galega) para poder acceder aos Certificados de Profesionalidade de Nivel 2”.

A concelleira de Promoción Económica dixo que “nestes cursos preparatorios participarán un total de 20 persoas residentes no Concello de Ribadeo que precisan desta titulación para seguir formándose e mellorando a súa situación laboral”.

Marta Saiz engadiu que “o curso realizarase os luns, mércores e venres, en horario de 10 a 13 horas na Casa do Viejo Pancho de Ribadeo. Dará comezo este luns, 6 de maio, e rematará a finais de xuño xa que está previsto que a realización das probas teñan lugar o día 22 de xuño”.

ÚLTIMAS

O xuíz do ‘caso Alcoa’ alonga seis meses máis a investigación sobre a venda das plantas da Coruña e Avilés

O xuíz da Audiencia Nacional que investiga a querela que presentou en 2020 a Confederación...

Piden nove anos para un home que tentou matar a súa parella cun coitelo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro martes, día 21, o xuízo contra...

Alcoa pide “flexibilidade” ao Goberno e sindicatos para “o éxito” da venda de San Cibrao

Alcoa advirte de que "o éxito" de venda do complexo de San Cibrao, no...

Ribadeo pon en marcha o programa ‘Unha escola, un horto’

O Concello pon en marcha o programa Unha escola, un horto en 4 centros...