InicioOccidentalViveiroViveiro acolle este sábado un concerto solidario contra o cancro

Viveiro acolle este sábado un concerto solidario contra o cancro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acollerá, no Teatro Pastor Díaz, un Concerto Contra o Cancro organizado conxuntamente coa Asociación Española contra o Cancro de Viveiro, o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro e a asociación de adultos do conservatorio Melomanía.


Este concerto benéfico terá lugar o sábado, día 4 de maio, ás 20:30. As entradas custarán 6€, e poderán ser adquiridas de xeito anticipado a través de internet, ou no propio teatro unha hora antes do evento.


A presentación do evento hoxe contou coa participación da presidenta da AECC en Viveiro, María Rolle, o presidente de Melomanía, Mario Vale, e o director do conservatorio Antonio José Álvarez Neira.

Por parte do Concello acudiron a alcaldesa María Loureiro, a tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez e a concelleira de Benestar Social, Catalina Fernández Méndez.


A alcaldesa agradeceu “o extraordinario labor que realiza a Asociación Española Contra o Cancro no municipio, que se plasma en iniciativas tan interesantes e necesarias como esta”.


Desde a Alcaldía de Viveiro fixéronse as xestións necesarias para que a Asociación contra o Cancro de Viveiro contase cun local na Casa do Mar de Celeiro.


No concerto van participar os grupos vinculados á asociación de adultos do conservatorio Jamape, Brétema Band e Diavolinos, e mais Golpe de Efecto e Los Jueves por parte do propio conservatorio.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...