InicioEconomíaO BNG pedirá ao Goberno a intervención pública de Alcoa se fose...

O BNG pedirá ao Goberno a intervención pública de Alcoa se fose necesaria para garantir os postos de traballo

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, leva a debate na Comisión de Industria unha iniciativa a través da que insta o Executivo español a abordar a intervención pública de Alcoa e outras medidas para asegurar a actividade da planta na Mariña e os postos de traballo.

Publicada o

- Advertisement -

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, leva a debate na Comisión de Industria unha iniciativa a través da que insta o Executivo español a abordar a intervención pública de Alcoa e outras medidas para asegurar a actividade da planta na Mariña e os postos de traballo. Diso informou o BNG nun comunicado, no que o parlamentario do Bloque traslada ao Goberno que a ameaza de peche de actividade da planta de San Cibrao, en Lugo, “parece confirmar a intención da empresa de desfacerse da factoría” como xa fixo en Avilés e A Coruña.

O deputado do Bloque, que avisa das nefastas consecuencias que isto traerá para a economía da comarca da Mariña, subliña que, se se confirma esta ameaza, o Goberno español debe apostar pola nacionalización da factoría. “Nin o marco normativo galego, nin o do Estado, nin o da UE impiden a intervención pública desta industria estratéxica” e que mesmo hai pronunciamentos do Congreso neste sentido. Ademais, Rego lembra que o Executivo acaba de intervir en Telefónica para evitar o seu control por capital saudita. “A intervención, aínda que fose temporal para despois buscar un operador cun proxecto industrial fiable e de continuidade, é un mecanismo que o Goberno debe estar disposto a activar”, sinala.

A DIRECCIÓN DE ALCOA “XOGA CO ACORDO”

O deputado do BNG no Congreso lembra que o acordo asinado en decembro de 2021 implicaba o cesamento temporal da produción coa condición de manter os postos de traballo cando se reiniciase a actividade dous anos despois (xaneiro de 2024), ademais de melloras na planta. Ademais, indica que chegou o ano 2023 e Alcoa propuxo ampliar os prazos para o arranque, un atraso que foi aceptado polo persoal de forma que a continuación total da actividade será en 2025.

Con todo, lamenta que “Alcoa volve cuestionar o futuro da planta e, por encima, reclama unha nova modificación do acordo”. “A empresa debe cumprir cos requisitos asinados”, subliña Rego, que considera que a reacción da compañía é fixar posición de face á convocatoria da mesa de seguimento prevista para o 4 de abril.  Así as cousas, Rego defenderá na Comisión de Industria a adopción de medidas urxentes por parte das distintas administracións para garantir a continuidade da factoría e dos empregos.

Neste sentido, empraza ao Executivo a actuar sobre os prezos dos custos da enerxía eléctrica. Ademais, esixe a reforma do Estatuto do Consumidor Electrointensivo para incluír a figura das empresas hiper electrointensivas e garantir a máxima compensación por CO2 permitida pola UE, así como axilizar a efectividade das PPAs subscritas pola empresa, entre outras medidas. En todo ou caso, Rego reclama ao Goberno que, se fose necesario, active a intervención pública de Alcoa para garantir a continuidade da actividade e o mantemento de todos os postos de traballo na Mariña.

ÚLTIMAS

Raquel Marqués, fisioterapeuta: “Gústame mostrarlles aos demais como se viven outras realidades”

-Como foi a túa transición persoal e profesional debido á túa invidencia? Diagnosticáronme a doenza...

Jairo Campo: “O máis complicado para min foi compaxinar ser xogador e presidente do Burela”

-Como foi o camiño até chegar á asunción da presidencia do Burela? Ese ano, 2002,...

Viveiro mantivo todos os servizos básicos e só ten pendentes o 2,5% das facturas

A Alcaldía de Viveiro aclara que actualmente só está pendente a asignación de orzamento...

Burela celebra as Letras Galegas cunha ampla programación

O Concello de Burela presenta a súa programación para conmemorar as Letras Galegas 2024,...