InicioEconomíaAlcoa, que endurece as medidas contra o virus, segue "sen positivos" e...

Alcoa, que endurece as medidas contra o virus, segue “sen positivos” e con tres obreiros illados sen síntomas

Retiráronse as máquinas de café porque se seguían a producir aglomeracións e púxose un novo sistema para o control de entrada e saída de contratistas eliminando a pegada táctil

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa confirmou este mércores que a día de hoxe “non hai ningún caso positivo por coronavirus” no complexo industrial de San Cibrao. Teres traballadores están “en corentena preventiva, asintomáticos”, por contacto directo cun positivo fóra da contorna laboral, precisan os sindicatos.

O organismo de representación de traballadores concretou que o servizo médico da empresa “actualizará diariamente esta información a todo o persoal a partir do venres”.

Ademais, expuxo o comité a través dun comunicado de prensa, “púxose en marcha desde esta tarde un novo sistema para control de entrada e saída de contratistas substituíndo o sistema da pegada táctil“. Tamén se anularon as máquinas de vending e café, dado que se seguen producindo concentracións de xente na contorna destes aparatos. Eliminaranse asemade as fontes de auga, que se substituirán por botellas.

MEDIDAS NO TRABALLO

No tocante ao traballo a realizar, en aluminio “vaise a reducir a actividade de rebrascar cubas; tamén se están revisando todos os traballos de mantemento que se poidan pospoñer ou reducir”. No relativo a alúmina, “estanse parando os traballos que non sexan imprescindibles”.

En ambas plantas “estase estudando a redistribución de tarefas de mantemento en quendas de mañá e tarde, para poder implantar esta nova organización na medida do posible nos próximos días”, prosegue o comité.

ALÚMINA IMPLANTARÁ O CALENDARIO 6-2

Alúmina vai implantar “o calendario 6-2 a partir do 20 de marzo co fin de ter a unha quenda de descanso 18 días e rotando. En función do avance da situación irase avaliando a continuidade do mesmo”, expoñen os sindicatos.

Tanto esta planta como aluminio, asegura o comité, dispoñen de plans de continxencia en función do desenvolvemento da epidemia e, no último caso, contemplando “ata seis posibles escenarios. Contémplase a posibilidade de aplicar un calendario 6-2 posteriormente e en función da ausencia de persoas”, remarcan os sindicatos, que engande que se “extremou o teletraballo para reducir a presenza” no complexo. Ademais, implantouse “a posibilidade de desvío de chamadas aos móbiles persoais no caso de persoas que utilizan terminais compartidos, mentres se traballa noutras alternativas”.

CONTROL DE TEMPERATURA NA ENTRADA

O comité salienta que “en breves semanas” haberá “un sistema de medición de temperatura en control de entrada”.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa urxe ampliar a balsa de lodos: “Os compradores non van querer un depósito que se acaba no 2025”

O presidente do comité de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, avisou de que se necesita...

Atropelada unha nena de 12 anos preto do instituto de Foz

Unha menor, duns 12 anos de idade, resultou ferida leve na mañá deste luns...

Incertidume ante a ampliación da balsa de lodos de Alcoa: falta documentación e a caracterización como residuo perigoso

A ampliación da balsa de lodos de Alcoa en San Cibrao está pendente de que a...

FEGAMP e Burela demandan que a Xunta se faga cargo do persoal da UAD

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, e a...