InicioCentralBurelaFEGAMP e Burela demandan que a Xunta se faga cargo do persoal...

FEGAMP e Burela demandan que a Xunta se faga cargo do persoal da UAD

A rexedora de Burela sinalou que desde finais do ano 2020, e ao longo do tempo que leva a UAD, quedaron varias veces sen profesionais sanitarios. Así mesmo, reprochou que o concello espera "o cronograma de tarefas comprometido pola Xunta" que, tal e como destacou, "non acaba de facerse efectivo"

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, e a alcaldesa de Burela, Carmela López, mantiveron este martes un encontro para avaliar a situación da Unidade de Atención á Drogodependencia (UAD) do municipio lucense, así como das 13 existentes en Galicia, e demandaron á Xunta que se faga cargo do persoal sanitario destes centros.

A rexedora de Burela sinalou que desde finais do ano 2020, e ao longo do tempo que leva a UAD, quedaron varias veces sen profesionais sanitarios. Así mesmo, reprochou que o concello espera “o cronograma de tarefas comprometido pola Xunta” que, tal e como destacou, “non acaba de facerse efectivo”.

Para a alcaldesa, é “incomprensible” que estas unidades “non reciban da Xunta o tratamento que requiren para o servizo que prestan” e lamentou que “a falta de profesionais por xubilacións siga sen ser cubertas e que desde o Sergas non se resolva esta situación con urxencia”.

Pola súa banda, Alberto Varela considera “indubidable” que se trata dunha competencia que non debe ser asumida polos concellos. “Desde os concellos tense claro que non é unha competencia que ten que seguir sendo asumida, e estabamos a esperar a constitución do novo goberno da Xunta; xa está o novo goberno nomeado, polo que agora teñen que cumprir cos seus propios compromisos definitivamente, asumindo ás UAD dentro do Sergas”, salientou o presidente da Fegamp.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no...