InicioEconomíaIncertidume ante a ampliación da balsa de lodos de Alcoa: falta documentación...

Incertidume ante a ampliación da balsa de lodos de Alcoa: falta documentación e a caracterización como residuo perigoso

Realizar o estudo tal como se lle pide pode levar de catro a cinco meses e necesita esa aprobación canto antes.

Publicada o

- Advertisement -

A ampliación da balsa de lodos de Alcoa en San Cibrao está pendente de que a empresa achegue máis documentación á Xunta de cara ás súas autorizacións, así como da súa caracterización como residuo perigoso. Diso informa o comité de empresa tras unha reunión técnica sobre a situación da ampliación do depósito de barros vermellos (DBR) desde cota 100 a 104 (catro metros máis), un encontro convocado pola Xunta a petición dos representantes dos traballadores.

Así, o comité expón que a Xunta lles trasladou que Alcoa só enviou seis dos 21 parámetros de análises requiridas, o que non era representativo. A semana pasada, a compañía remitiu un escrito para rebater as alegacións do organismo de saúde pública, no cal comunica que entende que o seu informe cumpre cos parámetros.

De tal forma, necesítase facer a caracterización do produto no DBR, xa que “o produto á saída da fábrica xa sae como residuo perigoso”, indica o comité. Ante isto, segundo o que traslada o comité, Alcoa mostrou o seu interese en que se leve adiante a ampliación da balsa de lodos, aínda que advirte de que realizar o estudo tal como se lle pide pode levar de catro a cinco meses e necesita esa aprobación canto antes.

Por iso, o comité informa de que Alcoa prevé dar unha resposta nun prazo máximo de tres semanas sobre se vai seguir adiante co proxecto coa caracterización do produto como perigoso ou vai esperar a realizar as análises para ver cal é a caracterización. Despois do proceso de saúde pública, aínda faltaría a Declaración de Impacto Ambiental (DIA). Así, haberá unha futura mesa técnica para abordar os pasos a seguir.

ÚLTIMAS

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...