InicioOccidentalViveiroViveiro premio Escoba de Plata polo servizo de quita e pon do...

Viveiro premio Escoba de Plata polo servizo de quita e pon do Casco Histórico

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro celebra que o municipio fose distinguido coa Escoba de Plata polo seu servizo de quita e pon no casco histórico, posto en marcha pola Tenencia de Alcaldía. Este premio é concedido pola entidade de ámbito estatal ATEGRUS, a Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente. Viveiro foi premiado xunto a outros municipios de toda España.


A Escoba de Plata foi outorgada a Viveiro na categoría A da mesma por conseguir, “por un lado, retirar os contedores, mellorando a percepción xeral de limpeza, e por outro, facilitar o acceso ás recollidas selectivas, que anteriormente non se levaban a cabo nesta zona”. A tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez sinala que “é unha honra recibir este recoñocemento ao noso labor para facer de Viveiro un sitio cada vez máis limpo e agradable para vivir”.


Pola súa banda, a alcaldesa María Loureiro explica que “no 2022 houbo un cambio no servizo de limpeza, e xa no contrato se incluía o servizo de quita e pon, desenvolto finalmente en decembro de 2023”.


“Este servizo está funcionando moi ben, e a distinción que agora recibimos confirma que estamos no bo camiño e nos anima a continuar mellorando Viveiro nesta liña”, engade Loureiro.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

A Área de Servizos Sociais de Barreiros leva adiante un curso de formación para a inserción laboral

A área de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, dirixida pola tenente de alcaldesa...

Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón en Ribadeo para o 22 de xuño

Ribadeo acollerá do 22 ao 27 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting...