InicioCentralMondoñedoMorre un traballador nunha canteira de Mondoñedo

Morre un traballador nunha canteira de Mondoñedo

O sinistro laboral tivo lugar na parroquia de Vilamor e a alerta saltou pouco despois das 16,00 horas

Publicada o

- Advertisement -

Un traballador dunha canteira de Mondoñedo, J.C.S., de 52 anos de idade, faleceu este martes tras precipitarse por un desnivel cando manexaba unha máquina e outro operario foi evacuado a un hospital, segundo confirmaron fontes do CIAE 112-Galicia e do 061.

O sinistro laboral tivo lugar na parroquia de Vilamor e a alerta saltou pouco despois das 16,00 horas. Un particular contactou con Emerxencias para informar do sucedido e, xa desde o primeiro momento, apuntou a posibilidade de que o traballador podería estar falecido.

Os xestores do 112 Galicia informaron o suceso a Urxencias Sanitarias, Bombeiros, Garda Civil e Protección Civil de Mondoñedo. O 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo da PAC de Mondoñedo.

Cando chegou ao lugar, o persoal sanitario só puido confirmar o falecemento do operario. Por outra banda, estes efectivos atenderon no punto a outro traballador, J.J.F.V., de 56 anos de idade, que foi trasladado ao Hospital Público da Mariña.

Os efectivos de bombeiros, ademais de axudar nas tarefas de rescate do corpo do home falecido, colaboraron na estabilización da máquina que manexaba, xa que quedara nunha posición complicada.

ÚLTIMAS

Foz acende este xoves 5 de decembro o alumeado de Nadal

O Concello de Foz ten preparadas moitas actividades e sorpresas para este Nadal, que...

Ribadeo comeza as obras de mellora da Estrada da Costa

Deron comezo as obras de mellora da estrada da costa, que suporán un investimento...

Lucía Freitas, galardaoada co Primeiro Premio Merlín polo proxecto “Amas da Terra”

A cociñeira Lucía Freitas é a gañadora da primeira edición do Premio Merlín polo...

Comezan as obras de mellora do punto limpo de Viveiro

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro informa de que xa comezaron as obras de...