InicioOccidentalCervoConvenio de colaboración para poñer en valor a finca xunto ao Museo...

Convenio de colaboración para poñer en valor a finca xunto ao Museo do Mar en San Cibrao

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de asinar un convenio de colaboración coa asociación Mar de San Cibrao, para a posta en valor da finca anexa ao Museo do Mar, en San Cibrao, que é propiedade municipal.


A rexedora, Dolores García Caramés, e o concelleiro, Alfredo Fernández, mantiveron un encontro co presidente desta asociación, Moncho Rivas, durante o cal formalizaron un acordo que supón a cesión de diferentes pezas relacionadas co mundo marítimo (áncoras, hélices, maquinillas, haladores…) que serán expostas nesta parcela dando forma a unha mostra que baixo o título “Sucando Mares” pretende abrir unha nova ventá de San Cibrao ao mar, a través dun paseo libre por estes terreos “que pouco a pouco iremos convertendo nun museo ao aire libre para desfrute de veciños e visitantes”, precisou a alcaldesa.


En concreto as pezas, foron cedidas en calidade de depósito, á asociación Mar de San Cibrao, por Moncho Rivas e Ángel Fernández, que á súa vez fan unha cesión a Concello de Cervo destes elementos de temática mariñeira que “lle outorgan un valor engadido a esta parcela propiedade de todos os cervenses”.

ÚLTIMAS

Mondoñedo presenta un concerto homenaxe a García Lorca cos seus poemas en galego

A Concellaría de Cultura de Mondoñedo presentou este luns un concerto homenaxe a García...

Foz ofrecerá asesoramento a PEMES de maneira gratuíta este xoves 16 de maio

A Oficina Móbil do programa Acelera Peme, da Deputación de Lugo, cofinanciado con fondos...

A Banda de Ribadeo estreará dúas prezas no Concerto das Letras Galegas

A Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará dúas pezas no concerto das Letras...

O CEP Lois Tobío de Viveiro gaña as I Olimpiadas Nacionais Escolares de seguridade viaria

O alumnado de 5º de primaria do CEP Lois Tobío de Viveiro vén de...