InicioOccidentalViveiroO CEP Lois Tobío de Viveiro gaña as I Olimpiadas Nacionais Escolares...

O CEP Lois Tobío de Viveiro gaña as I Olimpiadas Nacionais Escolares de seguridade viaria

Publicada o

- Advertisement -

O alumnado de 5º de primaria do CEP Lois Tobío de Viveiro vén de proclamarse campión nas I Olimpíadas Nacionais Escolares de Seguridade Viaria, celebradas en Narón.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, quixo felicitar “en nome do Concello á rapazada do Lois Tobío por esta merecidísima vitoria e por poñer en valor a importancia da seguridade viaria”.


O evento tivo lugar o pasado xoves 9 de maio no Pazo da Cultura de Narón, e contou con participantes das provincias de Navarra, Madrid e Ávila, así como de Viveiro e de Narón.
A competición organízase por primeira vez a nivel nacional, e contou coa colaboración do Concello de Narón e da Federación de Autoescolas.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...