InicioCentralFozFoz ofrecerá asesoramento a PEMES de maneira gratuíta este xoves 16 de...

Foz ofrecerá asesoramento a PEMES de maneira gratuíta este xoves 16 de maio

Publicada o

- Advertisement -

A Oficina Móbil do programa Acelera Peme, da Deputación de Lugo, cofinanciado con fondos europeos, estará situada fronte á Casa do Concello de Foz, na Avenida Álvaro Cunqueiro 24, este xoves, 16 de maio, a partir das 12.30 horas.

O alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, invitan a todos os pequenos empresarios e autónomos a que se acheguen a esta oficina: “a dixitalización é imprescindible na época na que vivimos. O programa Acelera Peme ofrece de forma gratuíta un servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, apoio á implantación de solucións dixitais no negocio, consultoría en marketing dixital en redes sociais e outras accións, como apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital. É unha boa oportunidade, polo que convidamos a todas e todos a que se acheguen o día 16 ata a oficina móbil que estará situada diante do Concello”.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...