InicioEconomíaA paralización do forno de cocción de Alcoa deixará a 500 persoas...

A paralización do forno de cocción de Alcoa deixará a 500 persoas sen traballo

Os sindicatos lembran que a súa construción estaba comprometida para 2023 e a multinacional asegura non incumprir ningún acordo.

Publicada o

- Advertisement -

A paralización nas obras de construción do forno de ánodos no complexo industrial de Alcoa-San Cibrao, en Cervo, comprometida, segundo o Comité de Empresa da factoría, para o pasado 7 de novembro, deixará “sen carga de traballo” a “máis de 500 traballadores” das empresas auxiliares da fábrica.

Así o manifestou este venres, en declaracións a Europa Press, o presidente do Comité de Empresa do complexo mariñán, José Antonio Zan, que asegurou que o “bloqueo” do devandita investimento representa un “incumprimento claro do acordo” de viabilidade asinado entre a multinacional e os traballadores.

“O forno está paralizado desde fai catro meses. O 7 de novembro tiñan que estar aprobados os fondos para comezar. O único que dixeron é que empezarían os primeiros meses deste ano, pero está claro que non o van a facer porque Bill Oplinger xa dixo claramente que non ía investir nas fábricas que tiñan perdas como era a nosa”, explicou Zan.

A paralización nas obras do citado forno, que a representación dos traballadores xa cualificara como o “investimento fundamental e único do plan de viabilidade” tras a reunión mantida o mércores cos grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados, afecta especialmente, sosteñen desde o Comité, aos traballadores das empresas externas da factoría. “Se nós empezamos con ese forno, as empresas exteriores terán carga de traballo e se seguimos bloqueando todo, non haberá traballo. Hai unhas 500 persoas en Aluminio que están a traballar directamente no forno de cocción”, precisou José Antonio Zan.

O presidente do Comité de Empresa de Alcoa-San Cibrao volveu a instar este venres ao Goberno central a convocar unha reunión da mesa de seguimento no Ministerio de Industria que, puntualizou, “xa chega unha semana tarde”, para conseguir que a empresa “clarifique dunha vez por todas que vai facer” e “deixe de xogar ao modo ERE”.

“Eles terán que pór un diñeiro para poder finalizar as obras de investimentos e de mantemento de postos laborais do plan de viabilidade e aclarar ao Goberno e á Xunta o que hai. E o Goberno debe demostrar dunha vez por todas que é un Goberno porque non pode seguir xogando ao que quere a multinacional”, declarou.

ALCOA ASEGURA QUE NON HOUBO “INCUMPRIMENTOS”

A pesar de que non hai data establecida para o inicio das obras do forno de cocción, fontes da multinacional consultadas por Europa Press aseguran que non se produciu ningún incumprimento dos compromisos do Acordo de Viabilidade cos traballadores nin se se tomou aínda ningunha decisión sobre o futuro da factoría. A empresa afirma atoparse centrada polo momento “no rearranque das 32 cubas” de electrolisis pactado e que marcha, precisaron, “segundo o previsto”. “É un proceso industrial moi sensible no que a prioridade é a seguridade e o éxito final da operación”, manifestaron.

ÚLTIMAS

Alcoa pide “flexibilidade” ao Goberno e sindicatos para “o éxito” da venda de San Cibrao

Alcoa advirte de que "o éxito" de venda do complexo de San Cibrao, no...

Ribadeo listo para as primeiras xornadas da cabala

Todo está listo en Ribadeo para a celebración das primeiras Xornadas da Cabala, que...

Viveiro continúa coa campaña ‘Ti tes a chave’ sobre o uso do contedor marrón

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro continúa coa campaña “Ti tes a chave”, que...

Morre un traballador nunha canteira de Mondoñedo

Un traballador dunha canteira de Mondoñedo, J.C.S., de 52 anos de idade, faleceu este...