InicioOccidentalViveiroViveiro continúa coa campaña 'Ti tes a chave' sobre o uso do...

Viveiro continúa coa campaña ‘Ti tes a chave’ sobre o uso do contedor marrón

Publicada o

- Advertisement -

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro continúa coa campaña “Ti tes a chave”, que ten como obxectivo informar á veciñanza e ao tecido empresarial do municipio sobre o uso dos novos colectores marróns de residuos orgánicos.

O día de mañá, xoves 16 de maio, volverá haber un posto de información en Covas, ubicado á altura do supermercado Masymas, en horario de 10:30 a 13:30.

Nos meses seguintes será instalado en diferentes localizacións de todo o municipio, sempre co mesmo horario, como se anuncia nas redes sociais do Concello.

Os colectores marróns, dedicados exclusivamente á recollida de residuos orgánicos, xa están instalados nas rúas do concello. Estes novos depósitos teñen a particularidade de estar pechados, coa finalidade de garantir a correcta separación de residuos de xeito paralelo á concienciación da veciñanza.

As chaves necesarias para facer uso deste contedor serán entregadas no posto de información xunto cun caldeiro de 10 litros, bolsas compostables e un folleto informativo sobre o bo uso do colector.

Os residuos que deben ir no colector marrón son: os restos de froita, verdura, carne e peixe, conchas de mariscos ou froitos secos, restos de pan, café, infusións, papel de cocina, restos de plantas, cortizas e, en definitiva, calquera resto orgánico.

Pola contra, os residuos que nunca se deben depositar neste contedor son os envases, cueiros, compresas, bastonciños dos oídos, plásticos e calquera outro tipo de residuos non orgánicos.

ÚLTIMAS

Ana Pena, guía: “Recomendo visitar o interior da comarca, un lugar pouco coñecido”

-Como te iniciaches nesta actividade de organizar percorridos e rutas turísticas na Mariña? Estudei Turismo...

Accidente mortal en Ribadeo logo dun accidente múltiple entre catro vehículos

Un condutor faleceu na tarde-noite deste pasado xoves na localidade lucense de Ribadeo tras...

Detido un veciño de Foz que tiña unha orde de ingreso en prisión

A Garda Civil detivo a un veciño de Foz sobre o que pesaba unha...

A Xunta cre que Alcoa non dixo “claramente” que non ía cumprir os compromisos do arranque e o Goberno confía en que se cumprirán

O conselleiro de Emprego, Comercio e Migración, José González, non cre "que dixese claramente...