InicioEconomíaAlcoa teima na vía xudicial ao recorrer tamén a cautelar e o...

Alcoa teima na vía xudicial ao recorrer tamén a cautelar e o comité pedirá a mediación do Estado

Os obreiros manterán a folga indefinida ata que a multinacional "sente a negociar de verdade e dunha forma fiscalizada" a venda da planta de aluminio

Publicada o

- Advertisement -

Ramón González Rey/axencias. Os traballadores da factoría de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, seguirán coa folga indefinida, que manteñen desde hai tres meses e medio, ata que a multinacional sente a negociar.

Así o trasladou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, tralo encontro sen acordo que mantiveron este xoves coa dirección da multinacional, de forma telemática. Os obreiros ofreceron unha suspensión temporal da folga, durante sete semanas, a cambio de garantías sobre o estado das instalacións -coa reactivación da rebrascaxe das cubas de electrólise e a contratación do persoal “necesario”-, unha oferta que Alcoa rexeitou.

“De momento ata que non haxa acordo nós temos unha folga indefinida convocada e xa levamos tres meses e medio; que non se crean que con boas palabras ímola deixar”, advertiu.

De novo os traballadores ofrecen suspender o paro “a cambio de que Alcoa sente a negociar”. “O que fai falta é que Alcoa sente a negociar de verdade e dunha forma fiscalizada ou informando aos Gobernos e á parte social. Unha vez con iso veremos que pasa”, subliña.

O que si farán os traballadores é suspender as protestas e vanse a envorcar, estes días, “en pechar un acordo“. “Nós estamos centrados en chegar a ese posible pacto. As mobilizacións estes días non teñen sentido cando temos que estar a outros temas”, resolveu.

Zan insiste en que “a única forma que hai de solucionar este problema é facendo que Alcoa sente a negociar coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), podendo chegar a unha venda que dea viabilidade de futuro e unhas garantías de que esa viabilidade vai funcionar”.

CARTA AOS MINISTERIOS DE INDUSTRIA E TRANSICIÓN ECOLÓXICA

“Onte Alcoa presentou o recurso de casación ao Tribunal Supremo tamén á cautelar, non só do Expediente de Regulación de Emprego (ERE), senón tamén da cautelar que ordenaba non parar as cubas. As intencións de Alcoa non é que estean a ser moi limpas neste proceso”, criticou.

Neste contexto, o comité de empresa remitirá “unha carta aos ministerios de Industria e Transición Ecolóxica” na que pedirá a súa mediación para que se chegue a un acordo que permita tomar o control da planta á SEPI.

MENTRES RECLAMA “PAZ SOCIAL” PARA VENDER, ALCOA TENTARÁ QUE O SUPREMO LLE PERMITA APLICAR O ERE

Alcoa confirmou a presentación dun recurso de casación ante o Supremo contra a medida cautelar que lle impedía parar as cubas de electrólise ata que houbese unha sentenza sobre o despedimento colectivo, finalmente declarado nulo polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Malia que reclama “paz social” para “explorar” unha venda da planta, a multinacional mantén así a vía xudicial aberta para aplicar o despedimento colectivo, pois entende que obrou de “boa fe” na súa tramitación, o que cuestionaron tanto os sindicatos como as Administracións, e tamén o fallo do Alto tribunal galego.

No tocante á folga indefinida, Alcoa mantén na cifra de dez millóns o impacto económico estimado do paro. Por agora non hai data para unha nova reunión entre os sindicatos e a multinacional.

ÚLTIMAS

Mondoñedo presenta un concerto homenaxe a García Lorca cos seus poemas en galego

A Concellaría de Cultura de Mondoñedo presentou este luns un concerto homenaxe a García...

Foz ofrecerá asesoramento a PEMES de maneira gratuíta este xoves 16 de maio

A Oficina Móbil do programa Acelera Peme, da Deputación de Lugo, cofinanciado con fondos...

A Banda de Ribadeo estreará dúas prezas no Concerto das Letras Galegas

A Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará dúas pezas no concerto das Letras...

O CEP Lois Tobío de Viveiro gaña as I Olimpiadas Nacionais Escolares de seguridade viaria

O alumnado de 5º de primaria do CEP Lois Tobío de Viveiro vén de...