InicioSucesos"Todas as posibilidades abertas" no incendio no que morreron nai e filla...

“Todas as posibilidades abertas” no incendio no que morreron nai e filla no Valadouro

O pai segue ingresado tras o sinistro.

Publicada o

- Advertisement -

A Policía Xudicial da Garda Civil continúa coas pescudas sobre a orixe do incendio que acabou coa vida dunha nai e a súa filla no Valadouro, segundo trasladaron fontes da investigación, que subliñan que todas as liñas permanecen abertas, incluída a posibilidade de que o lume fose provocado.

Sobre esta cuestión, o delegado do Goberno, Pedro Blanco, dixo que “están abertas todas as posibilidades” e non se descarta ningunha motivación.

MORTE DA NAI

O incendio rexistrado na tarde do luns cobrouse as vidas da nai, de 70 anos, e a súa filla, de 50 anos, que convivía no piso do Valdouro xunto co seu pai, de 79 anos e que tamén resultou ferido e tivo que ser atendido na PAC de Burela. Fontes hospitalarias confirmaron que a nai morreu no hospital da Mariña, onde foi evacuada de urxencia a consencuencia das feridas causadas polo lume, cuxas causas están a ser investigadas pola Garda Civil.

A casa incendiada atópase na Avenida da Deputación da localidade mariñá, ata onde se mobilizaron á primeira hora da tarde os bombeiros de Barreiros, Garda Civil e Protección Civil, ademais de profesionais de Urxencias Sanitarias 061.

As chamas, iniciadas no piso no que residían as dúas vítimas mortais e o pai da familia, non se propagaron ao resto de edificio que, con todo, si se viu afectado o fume, o que obrigou a desaloxar a moitos dos veciñosAlgúns deles mesmo tiveron que ser rescatados polos balcóns mediante o cesto dos Bombeiros.

O CONCELLO DECRETA TRES DÍAS DE LOITO

Concello do Valadouro decretou tres días de loito no municipio pola morte das dúas mulleres. Desde a mañá deste martes ondean a media ata as bandeiras dos edificios oficiais do municipio mariñán. A alcaldesa do Valadouro, María Dolores Fernández, manifestou, en declaracións a Europa Press, o seu pesar polo ocorrido nun suceso sobre o que permanece aberta unha investigación da Garda Civil para esclarecer as causas do incendio. A rexedora expresou as súas condolencias aos achegados das vítimas, especialmente ao pai da familia. Sen consecuencias físicas de gravidade, o home atópase “moi afectado” polo ocorrido, segundo trasladou María Dolores Fernández.

ÚLTIMAS

Alcoa pide “flexibilidade” ao Goberno e sindicatos para “o éxito” da venda de San Cibrao

Alcoa advirte de que "o éxito" de venda do complexo de San Cibrao, no...

Ribadeo listo para as primeiras xornadas da cabala

Todo está listo en Ribadeo para a celebración das primeiras Xornadas da Cabala, que...

Viveiro continúa coa campaña ‘Ti tes a chave’ sobre o uso do contedor marrón

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro continúa coa campaña “Ti tes a chave”, que...

Morre un traballador nunha canteira de Mondoñedo

Un traballador dunha canteira de Mondoñedo, J.C.S., de 52 anos de idade, faleceu este...