InicioCentralBurelaPescadores anuncian concentracións en Porto de Veiga e Burela para frear o...

Pescadores anuncian concentracións en Porto de Veiga e Burela para frear o decreto sobre a eólica mariña

A Plataforma en defensa da pesca e os ecosistemas mariños agardan iniciar reunións cos partidos políticos para frear o real decreto.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma en defensa da pesca e os ecosistemas mariños anunciou este sábado unha concentración este mes de marzo en Porto de Veiga, Navia, e unha segunda na localidade galega de Burela, sen concretar datas. O obxectivo das súas reivindicacións é frear o real decreto polo que se regula a produción de enerxía eléctrica en instalacións situadas no mar, ao entender que suporá a “poxa” dos caladoiros de pesca.

En declaracións aos medios, o colectivo mostrou a súa desconformidade coa regulación exposta polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, ao entender que supón un “ataque” ao sector pesqueiro e aos ecosistemas mariños, polo que presentarán alegacións.

Ademais de reiterar a súa petición de diálogo directo coa ministra Teresa Ribera, tamén piden unha reunión co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, e esperan iniciar reunións cos partidos políticos.

ÚLTIMAS

Alcoa pide “flexibilidade” ao Goberno e sindicatos para “o éxito” da venda de San Cibrao

Alcoa advirte de que "o éxito" de venda do complexo de San Cibrao, no...

Ribadeo listo para as primeiras xornadas da cabala

Todo está listo en Ribadeo para a celebración das primeiras Xornadas da Cabala, que...

Viveiro continúa coa campaña ‘Ti tes a chave’ sobre o uso do contedor marrón

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro continúa coa campaña “Ti tes a chave”, que...

Morre un traballador nunha canteira de Mondoñedo

Un traballador dunha canteira de Mondoñedo, J.C.S., de 52 anos de idade, faleceu este...