InicioSucesosDetidas dúas persoas en Foz que danaron coches como represalia

Detidas dúas persoas en Foz que danaron coches como represalia

Publicada o

- Advertisement -

Dúas persoas foron detidas pola Garda Civil acusadas de causar danos nunha decena de vehículos no municipio lugués de Foz supostamente como represalia. Así o trasladou este xoves o Instituto Armado nunha nota de prensa na que apunta que se lles imputan varios delitos de anos en coches, aos que picaban as rodas.

No desenvolvemento da operación, os investigadores atoparon “nexos de unión” nos feitos denunciados polos propietarios dos vehículos, polo que puedieron determinar que había dúas persoas implicadas.

Un deles actuaba como “líder” e o outro como brazo executor para cometer os actos que, segundo as pescudas policiais, levaban a cabo “como represalia ante supostas accións anteriores por parte das súas vítimas que irían en contra dos seus intereses”.

Ademais, a investigación tamén levou aos axentes a concluír que un dos implicados estaba relacionado cun posible delito contra a administración de xustiza por denunciar un roubo nun local de hostalaría de Foz, sospeitoso de ser simulado para percibir unha indemnización da aseguradora.

A Garda Civil mantén a operación aberta e non descarta novas detencións vinculadas cun caso que foi trasladado ao xulgado de instrución número 1 de Viveiro.

ÚLTIMAS

Morre un traballador nunha canteira de Mondoñedo

Un traballador dunha canteira de Mondoñedo, J.C.S., de 52 anos de idade, faleceu este...

A Garda Civil detivo un veciño de Xove no desmantelamento dunha plantación de marihuana

A Garda Civil detivo un veciño de Xove, de 47 anos de idade, no...

Ribadeo tratará a modificación do PXOM para construír o novo centro de saúde

No pleno ordinario da corporación municipal ribadense que se vai celebrar hoxe, martes, someterase...

Foz mellora os camiños de Santa Cilla e Santo Acisclo por 120.000 euros

O Concello de Foz investiu máis de 119.000 euros na mellora de distintos...