IniciosociedadeRibadeo levará comida e medicinas ás casas e dispón un número "para...

Ribadeo levará comida e medicinas ás casas e dispón un número “para a xente que se sinta desprotexida”

Riotorto e O Valadouro anuncian servizos similares para persoas con enfermidades ou mobilidade reducida e sen apoio social e familiar

Publicada o

- Advertisement -
O Concello de Ribadeo anunciou a posta en funcionamento dun servizo de apoio para aquelas persoas que o poidan precisar, para a xente que se poida sentir vulnerable durante este estado de alarma por mor do coronavirus, tanto na vila como nas parroquias.
Desde o goberno local explican que se trata dun servizo pensado para a xente maior, pero non só dirixido a ela. O rexedor explica que “creamos un teléfono para resolver necesidades básicas que agora se ven comprometidas: ir ao súper facer a compra, ir á farmacia… ou outra necesidade urxente similar”. O número habilitado é o 982.120.739, que estará operativo todos os días da semana, entre as nove da mañá e a nove da noite.
“Nestes momentos especiais, nestes días de confinamento, vemos que poden acontecer situacións que non estiveran previstas. Nun período normal os Servizos Sociais teñen seguimento do que ocorre coas persoas e familias de risco, pero en épocas exepcionais os problemas poden aparecer en calquera momento. Queremos que ninguén se sinta desprotexido, aquí estaremos para quen precise chamar”, conclúe.
Concellos como O Valadouro e Riotorto anunciaron servizos similares a través das redes sociais. No municipio valadourense, o teléfono é 982.57.40.00.

En Riotorto, os teléfonos son o 982.346.222 (en horario matinal) ou o 606.029.625 (a partir das 14.00 horas).

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no...