InicioOrientalRibadeoPresentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

Publicada o

- Advertisement -

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no auditorio municipal Hernán Naval onte, venres, foron presentados dous novos compoñentes da formación: o trompetista Salvador García Sánchez, que xa debutara nun concerto que ofreceron en Mondoñedo no pasado mes de febreiro; e o percusionista Gael Bouso Garocha, que tocou onte por primeira vez na Banda ribadense.

A presentación do concerto correu a cargo dunha das compoñentes da Banda, Carolina Yáñez, que fixo un pequeno comentario sobre a vida e obra da autora á que se dedica o Día das Letras Galegas este ano, Luísa Villalta.

A continuación a Banda de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, interpretou estas pezas: Lonxe do Mar, de Hernán Naval; O Chopo, de Manuel Iglesias; Alborada de Celanova, de Francisco Landín; A Cova do Rei Cintolo, de Frank J. Cogollos; A Fiada, de José Lodeiro; Rapsodia Galega nº 1, de Enrique García Rey; e como bises tocaron Pasodobre de San Roque e o himno galego.

David Ballester agradeceu a asistencia do público e os seus aplausos. Ademais animou aos afeccionados a música a que se integren na Banda, que no concerto de onte estivo formada por 41 músicos.

ÚLTIMAS

Os sanitarios do Hospital da Costa realizarán accións até seren atendidas as súas demandas

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa convocou unha xuntanza este martes para...

Sargadelos ten de prazo ata despois do verán para mellorar a seguridade laboral

A dirección de Sargadelos ten ata despois do verán para mellorar a seguridade na...

A concelleira de Facenda de Foz denuncia a “demagoxia” do PP coas facturas

A concelleira de Facenda e voceira do goberno municipal de Foz, Inés López Couto,...

Piden catro anos de prisión por presunta estafa a un home “en situación de vulnerabilidade”

Unha muller de orixe portuguesa enfróntase a catro anos de prisión por, presuntamente, estafar...