IniciosociedadeA Mariña mantén abertas as praias malia o incremento de residentes

A Mariña mantén abertas as praias malia o incremento de residentes

Ao contrario que localidades como Baiona ou Sanxenxo, as vilas da bisbarra non pechan por agora os areais ao non percibir aglomeracións

Publicada o

- Advertisement -

Ao contrario que localidades como Marín, Baiona ou Cangas do Morrazo, vilas costeiras da Mariña Lucense manteñen por agora as praias abertas malia o incremento de residentes por mor da chegada de persoas doutras comunidades que teñen na bisbarra a súa segunda residencia, freada ao decretar o Goberno central o estado de alarma.

O municipio de Viveiro experimentou durante o fin de semana un incremento de visitantes doutras comunidades autónomas. Desde o goberno local, segundo indica a alcaldesa, María Loureiro, xa se fixo un chamamento “para que non viñese ninguén” e para que os recén chegados “non saian das súas casas”.

En canto aos areais, asegura que as forzas de seguridade “están a resolvelo ben”. Aínda que de momento “non fai falta” cortar os accesos ás praias, admite que “se hai que facelo, farase”.

É a mesma situación que en Burela, onde o pasado sábado si que houbo “concentracións de moita xente para pasear cans” pola costa, pero, trala entrada en vigor do estado de alarma o domingo, os veciños “están a responder ben”. “Se houbese algún repunte si que habería que pór cinta limitadora nas praias”, avisa o rexedor, Alfredo Llano. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...