IniciosociedadeFoz, Barreiros e Ribadeo suspenden a atención presencial e decretan servizos básicos

Foz, Barreiros e Ribadeo suspenden a atención presencial e decretan servizos básicos

Os tres Concellos pechan todos os edificios administrativos municipais

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, fixo público un bando este domingo, día 15, no que anuncia que “ante a incidencia do COVID-19 (coronavirus) e unha vez analizadas as recomendacións e as decisións adoptadas polo Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática no Real Decreto 463/2020, no que se procede á suspensión dos prazos procesais e prazos administrativos nas súas disposicións adicionais segunda e terceira, e durante 14 días naturais, desde o 16 ata o 30 de marzo ambos inclusive, procederase ao peche de todos os edificios administrativos. Todos os trámites deberán facerse vía telemática / telefónica. Só en casos moi xustificados e con cita previa, segundo a valoración do técnico, poderase atender a unha soa persoa por quenda”, explica.

Nunha resolución da alcaldía de Ribadeo remitida aos medios de comunicación na madrugada deste domingo advírtese que a atención á veciñanza só se prestará de xeito telefónico e telemático. A atención presencial queda reservada unicamente para as urxencias. Os teléfonos que estarán operativos no Concello serán o 982.120.701 e o 982.128.650; no caso dos Servizos Sociais estes serán atendidos no 982.120.808 e a Policía Local no 689.550.055. Hai tamén unha dirección de correo electrónico para que a veciñanza se poida comunicar co goberno local, ribadeo@ribadeo.org.

ANULADOS OS MERCADOS

A resolución declara como servizos públicos municipais esenciais con carácter inicial e susceptibles de ampliación ou modificación posterior en virtude da evolución da situación: rexistro xeral, padrón de habitantes, Policía Local, Servizos Sociais, brigada municipal de vías e obras, recollida de lixo e limpeza viaria, electricidade e iluminación pública, rexistro telemático de facturas e pagamento a provedores, entre outros.

Non haberá mercado semanal os mércores en Ribadeo, nin mercadiño os sábados, ata que a situación se normalice. Permañecerá aberta a praza de abastos para que a xente poida mercar os produtos de alimentación que precise.

Queda suspendida a recollida de cartón porta a porta, a recollida de enseres e tamén a atención ao público no punto limpo ata novo aviso. A medida ven motivada polo estado de alarma que estamos a vivir.

BARREIROS DISPÓN UN SERVIZO DE VOLUNTARIADO

Igualmente, o Concello de Barreiros decreta servizos básicos para o seu funcionamento e a atención á cidadanía nos servizos esenciais será unicamente telefónica e telemática.

O servizos básicos son atención á veciñanza (telefónica e telemática); informática;rexistro xeral; padrón de habitantes; servizos Sociais; brigada municipal de mantemento de espazos públicos; servizo de abastecemento de auga potable; servizo de depuración de augas residuais; limpeza de locais públicos; recollida de lixo e limpeza viaria; electricidade e iluminación pública; secretaría-intervención-tesourería (rexistro telemático de facturas e pagamento a provedores).

A atención presencial será unicamente motivada por razóns de urxencia e para isto precisará cita previa, a través do teléfono 982.124.002 (horario matinal) ou 608.038.952 (servizos sociais).

Para cuestións de carácter urxente que se produzan fóra do horario de 9.00 a 14.00 horas habilítanse os seguintes teléfonos: 619.515.400 (administración xeral) e 608.038.952 (servizos sociais). Para dúbidas ou cuestións non urxentes habilítanse os seguintes enderezos electrónicos: registro@concellodebarreiros.com (administración xeral) e asistenciasocial@concellodebarreiros.com.

ÚLTIMAS

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...