Iniciosociedade'Súmate ao reto, queda na casa': a campaña viral coa que Burela...

‘Súmate ao reto, queda na casa’: a campaña viral coa que Burela tenta concienciar sobre o coronavirus

Profesionais sanitarios, deportistas, profesores ou membros da corporación animan á veciñanza a atender as recomendacións das autoridades contra a pandemia

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela iniciou unha campaña nas redes sociais, baixo o título ‘Súmate ao reto: queda na casa‘, que veciños, profesionais da sanidade, deportistas, docentes e membros do goberno e da corporación local aconsellan quedarse na casa como medida de contención ante o coronavirus.

Jozi e Edu, do Pescados Rubén Burela FS, usuarios da Fundación Eu Son, médicos, enfermeiras, profesorado da escola de música, persoal dos servizos sociais municipais, xogadores dos equipos de base de fútbol ou baloncesto, ou o guía do barco-museo Reina del Carmen, entre outros, animan cada un á súa maneira á poboación da Mariña Lucense a atender as recomendacións das autoridades sanitarias.

SEIS AFECTADOS NA PROVINCIA

As pezas audiovisuais aspiran a concienciar á veciñanza para que sexa responsable respecto dunha ameaza que cada vez está máis presente. Na actualidade, segundo datos oficiais, hai seis positivos confirmados na provincia de Lugo, alomenos tres deles na Mariña, os dunha parella de Foz e o dunha muller relacionada con esta familia.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no...