IniciosociedadeA Mariña acolle a primeira vivenda tutelada de España para vítimas do...

A Mariña acolle a primeira vivenda tutelada de España para vítimas do machismo con doenzas mentais

O servizo, que conta con catro prazas, ofrecerá aloxamento confidencial, apoio á manutención e reforzo psicolóxico a mulleres e aos seus descendentes

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña inaugurou este luns a primeira vivenda tutelada especializada para mulleres vítimas de violencia de xénero que padecen algunha enfermidade mental. Trátase dun servizo único en Galicia e tamén pioneiro en España, que estará ubicado en Burela.

A directora técnica da agrupación, María José Novoa, explicou que a vivenda conta con atención durante as 24 horas e catro prazas, destinadas non só a mulleres vítimas de violencia de xénero que padecen algún tipo de doenza mental, senón tamén aos seus descendentes, de darse o caso.

As usuarias beneficiaranse de aloxamento confidencial e apoio á manutención, así como de reforzo nas áreas psicolóxica, social e familiar, médica e da saúde, económica e laboral.

O servizo tamén estará coordinado cos xulgados de atención á violencia contra a muller e coas forzas de seguridade do Estado, así como cos centros educativos e sanitarios.

PROXECTO PIONEIRO

O presidente da asociación impulsora, Jorge Manchado, asegurou que “para nós é un día especial. Materialízase o traballo dalgo máis dun ano de papeleo, chamadas e tropezos. O resultado é un proxecto pioneiro en España, pois non nos consta que haxa nada semellante”, asegurou.

O dirixente tivo unha lembranza para a fundadora da agrupación, a finada Iris Castro. “Seguro que estaría orgullosa”, indicou.

REDE GALEGA DE ACOLLEMENTO

A agrupación agradeceu a colaboración necesaria da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para acadar o servizo. É unha das medidas levadas a cabo ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Complementa a rede galega de acollemento, que conta con vivendas nos concellos da Coruña, Lugo, Ourense, Culleredo e Ferrol e o Centro de Emerxencia de Vigo (CEMVI), que levan atendidas a 2.400 persoas -mulleres e os seus fillos e fillas- ata 2017.

A titular da Secretaría Xeral de Igualdade, Susana López Abella, asegurou que se trata “dun recurso necesario” que supón “un paso adiante para continuar contra a terrible lacra que temos, que é a violencia de xénero”.

VIOLENCIA E SAÚDE MENTAL, RELACIÓN DIRECTA

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, lembrou que en moitos casos violencia de xénero e enfermidade mental teñen unha relación directa.

As estatísticas dinnos que as mulleres con enfermidade mental teñen máis probabilidade de sufrir a violencia machista, de xeito que ogallá podamos xeralizar servizos coma este, que son obrigados”, indicou.

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, e o popular Alfonso Villares, rexedor de Cervo, onde se ubica a sede da agrupación, asistiron tamén á presentación do servizo.

ÚLTIMAS

María Méndez: “Con ‘Paseos Saudables’ buscamos combater o sedentarismo na xente”

-En que consisten estes paseos saúdables e cal é a función que lle queredes...

Morre tras chocar contra un poste e outro coche en Viveiro

Unha persoa faleceu na noite deste pasado xoves na localidade lucense de Viveiro tras chocar...

Obras de mellora e construción dunha nova canalización de augas en Ribadeo

O Concello de Ribadeo mellora a rúa Manuela Barreiro e constrúe unha nova canalización...

Burela acolle o XIV Encontro de Palilleiras o vindeiro 18 de maio

O Concello de Burela acollerá o vindeiro 18 de maio o seu XIV Encontro...