IniciosociedadeMaría Méndez: "Con 'Paseos Saudables' buscamos combater o sedentarismo na xente"

María Méndez: “Con ‘Paseos Saudables’ buscamos combater o sedentarismo na xente”

María Méndez traballa no Centro de Saúde de Burela e forma parte do equipo de 'Paseos Saudables', unha iniciativa que busca fomentar o abandono do sedentarismo por unha parte e pola outra crear comunidade. Ante os problemas de saúde derivados da falta de movemento na sociedade contemporánea un exercicio tan simple como camiñar pode axudar a rebaixar problemas como os índices elevados de colesterol ou azúcar en sangue. Esta iniciativa comeza o día 2 de maio

Publicada o

- Advertisement -

-En que consisten estes paseos saúdables e cal é a función que lle queredes dar?

A idea de “Paseos Saudables” nace da Estratexia de Promoción da Saúde do Concello de Burela en coodinación co Plan Local de Saúde do Centro de Saúde de Burela. O obxectivo é combater o sedentarismo, unha práctica moi estendida na poboación. Que fixemos? Falar entre Concello e Centro de Saúde para vermos que se podía facer. De aí naceron estas andainas para a xente.

-Déixanse ver moito os efectos do sedentarismo en Burela?

Máis que Burela, en xeral en toda a Mariña. A sociedade actual está moi afeita ao sedentarismo, chegamos á casa e só queremos sentarnos e desancansar e isto tamén podemos velo nas cifras de hipertensión, de colesterol, obesidade e sobrepreso, somos moi conscientes deste problema, por iso queremos frealo.

-O problema do sedentarismo deixase ver con máis frecuencia nalgún sector da poboación?

Hai unha presenza notable entre persoas nun tramo de idade entre os 40 e 50 anos que chega á casa de traballar e non quere moverse máis. Tamén hai xente nova cun ocio sedentario, non activo, mais si, hai tramos de idade onde se pode ver claramente este sedentarismo.

-Como se organizan as rutas?

Están abertas a todos os públicos mais o horario pode limitar á xente que traballa, porque o plan é comezar en maio e xuño a ver que acollida ten esta idea. Sairemos da praza do Concello ás 10:00 da mañá, mais sabemos que hai xente con desexo de vir mais non pode polos horarios de traballo. No futuro intentaremos facelo mesmo nalgún horario de tarde ou fin de semana. Comezaremos o vindeiro xoves e irémonos adaptando á xente que asista. Será un percorrido dunha hora e tamén buscamos que a xente se coñeza para despois formaren eles grupos para camiñar pola súa iniciativa.

-Como vos gustaría promocionar esta iniciativa dentro da xente que pode ter máis problemas por culpa do sedentarismo?

Queremos promocionalo como un tratamento definitivo: “camiñar e bo para todo”. Axuda a controlar o peso, baixar niveis de colesterol e azúcar e, a maior de todo, coñocerán persoas para que logo poidan facer comunidade. É algo gratuíto, ir andar é gratuíto e por iso pedimos que se animen para vir con nós.

-Cales son as rutas por onde queredes discorrer con esta iniciativa?

Aínda non o temos decidido, mais iremos coas monitoras da Asociación Gaia, e con ellas adaptaremos as rutas do concello porque vai depender do tipo de persoas que veñan. Así todo o mundo poderá camiñar.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...