IniciosociedadeO Observatorio pola Igualdade convoca unha manifestación para o 8 de marzo...

O Observatorio pola Igualdade convoca unha manifestación para o 8 de marzo en Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

O Observatorio da Mariña pola Igualdade convoca para o 8 de marzo “a todo o feminismo da Mariña Lucense para combater contra as políticas que tratan de silenciarnos”

O Observatorio quere expresar “a súa posición desvinculante de todas as actividades lúdico-festivas que en torno ao 8M se organizan en diferentes concellos da Mariña: viaxes, xantares populares e concertos”. O Observatorio da Mariña pola Igualdade denuncia o branqueamento “das palabras Feminismo, Igualdade e Sororidade nunha data imprescindible para as nosas reivindicacións”.

O colectivo quere visibilizar os sectores máis vulnerables onde traballa maioritariamente as mulleres, como son os servizos de limpeza e o sector téxtil e poñer en valor “a loita que levaron a cabo as compañeiras da limpeza de Lugo nos últimos meses, que resistiron cunha longa folga ata que acadaron mellorar as súas condicións laborais, demostrando o necesario que é a unidade feminista cara a un mesmo fin: varrer o patriarcado”.


O Observatorio da Mariña pola Igualdade en colaboración coas mulleres feministas da Mariña “organiza e convoca unha manifestación feminista para o próximo venres 8 de marzo ás 20h en Ribadeo baixo o lema “Varrendo o patriarcado” á que animamos a participar a todas as persoas que sintan como súa a necesidade da unidade no movemento feminista mariñán”.

O Observatorio organiza unha serie de actividades co seguinte calendario:


Sábado 2 de maio no IES Dionisio Gamallo en Ribadeo:

Obradoiro de Batuke e material, de 15h00 a 18h30.

Venres 8 de marzo, na praza de abastos de Burela:

Convivio e apertura do quiosco 8M, a partir das 14h00.

Obradoiro de cartaces, de 16h00 a 18h00.
A participación foi, é e será un dos grandes motores do cambio social: contamos contigo.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no...