InicioOccidentalCervoArrincan ao completo as dúas primeiras cubas da planta de Alcoa en...

Arrincan ao completo as dúas primeiras cubas da planta de Alcoa en San Cibrao e avanzan outras dúas

Segundo informa a empresa, as tarifas desenvolvéronse "sen ningunha incidencia destacable".

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, municipio de Cervo, José Antonio Zan, informou de que este luns as dúas primeiras cubas da planta de aluminio arrincaron ao completo mentres se avanza con outras dúas.

“Pódese dicir que xa comezaron as dúas cubas que se tiñan en quecemento a ser cubas de verdade, xa teñen metal líquido dentro delas e xa empezan a ter un funcionamento como unha cuba normal, co cal se empeza a contar que hoxe están as cubas arrincadas”, destaca en declaracións este luns. A isto sumar que “hai outras dúas cubas que arrincaron, unha onte ás nove da noite e outra esta madrugada á 1 da mañá”.

Pola súa banda, Alcoa informa de que “o desenvolvemento das tarefas produciuse segundo o previsto” esta semana e “sen ningunha incidencia destacable”.

“Estas dúas cubas están a funcionar a base de criolita. Esta criolita vaise a desfacer para facer baño líquido, que xa disporemos do mércores. Con ese funcionamento poderase “empezar a arrincar máis cubas”. Un equipo desprazouse desde Canadá para o proceso de rearranque destas catro cubas.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no...