InicioOrientalTrabadaTrabada cuantifica en 750.000 euros os danos do incendio de outubro

Trabada cuantifica en 750.000 euros os danos do incendio de outubro

O Consello de Ministros celebrado o 5 de marzo catalogou Trabada como “zona afectada gravemente” por unha emerxencia de Protección Civil debido a un incendio forestal.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada acaba de enviarlle ao Ministerio de Política Territorial do Goberno central o informe de valoración dos danos ocasionados polo incendio do pasado 12 de outubro de 2023 en diferentes infraestruturas municipais e na rede viaria.

Este informe cuantifica un total de 749.860 euros en danos tanto en viais asfaltados como en camiños de terra do concello, sumando un total de 26,39 quilómetros a zona afectada.

O Consello de Ministros celebrado o 5 de marzo catalogou Trabada como “zona afectada gravemente” por unha emerxencia de Protección Civil debido a un incendio forestal.

O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “neste informe valoramos os danos ocasionados por este feito tan catastrófico que se deu no noso concello, para así pedirlle colaboración ao Goberno de España no arranxo das vías municipais e camiños de terra danados”.

“Tamén solicitamos axuda para a adquisición dunha motobomba nova e a contrución dunhas balsas de auga, xa que dende a Xunta de Galicia non recibimos nin sequera resposta da carta enviada por min mesmo o pasado 9 de febreiro tralo segundo incendio case consecutivo no noso concello”, remata o alcalde.

ÚLTIMAS

O alcalde de Ribadeo pide reunirse co presidente da Deputación de Lugo

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, reclama unha reunión co presidente da Deputación de...

Presentado o cartel do IX Ribadeo Indiano organizado por Concello e ACISA

Presentado o cartel do IX Ribadeo Indiano, que se celebrará do 12 ao 14...

Rematada a mellora de viais nas parroquias focegas de Nois e Fazouro

O Concello de Foz investiu máis de 98.500 euros na mellora de distintos viais...