InicioCentralFozRematada a mellora de viais nas parroquias focegas de Nois e Fazouro

Rematada a mellora de viais nas parroquias focegas de Nois e Fazouro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz investiu máis de 98.500 euros na mellora de distintos viais nas parroquias de Nois e Fazouro. As obras foron executadas con cargo a fondos da Deputación de Lugo, pertencentes ao Plan Único 2023, grazas á aportación do Ministerio de Agricultura, Unión Europea, Xunta de Galicia e Concello de Foz, dentro do plan de camiños do Agader 2023-2024 e tamén pola colaboración de medios propios do parque de maquinaria da Deputación de Lugo.

En Nois, por un importe de máis de 22.000 euros con cargo ao Plan Único 2023, aglomerouse parcialmente e renovouse con asfalto o camiño de subida ao barrio de Trasmonte desde a estrada provincial LU-P-2007. Ademais mellorouse o firme con aglomerado en quente con cargo a fondos do Agader -23.600 euros- o vial que une o barrio do Apeadoiro coa estrada nacional e a súa continuación ata a estrada provincial polo centro social de A Saira. As obras completáronse con sinalización vertical, sinalización horizontal e a defensa con bionda metálica no tramo máis perigoso.

O alcalde, Fran Cajoto, explica: “o firme na subida a Trasmonte estaba moi deteriorado, por ser unha vía moi empregada para a saca de madeira. Ademais, renovamos a drenaxe con dúas taxeas que estaban en moi mal estado. A Saira é o centro de reunión da parroquia e cremos que con esta actuación facilitamos moito os desprazamentos dos veciños”. Outras actuacións proxectadas, neste caso con cargo ao Plan de Mellora de Camiños do Agader 2024-2025, é a mellora de firme con aglomerado en quente do vial que une a subida a Cabanas con Cendín – Cabeceira da Veiga.

En Fazouro, por un importe de 10.700 euros con cargo a fondos do Plan Único 2023, mellorouse o firme do camiño do Raxal cun dobre tratamento superficial asfáltico. Ademais, grazas ao traballo dos equipos de terras e de rega asfáltica do parque de maquinaria da Deputación de Lugo, mellorouse o firme de máis de 1,3 quilómetros de camiños nesta parroquia: na zona da Granda, na subida a Lousada, no camiño da Veiga de Pardiñas e no camiño do Caldouceiro.

O alcalde agradece “o apoio da Deputación de Lugo, que nos permitiu investir na mellora da rede viaria de Fazouro, en zonas tan deterioradas como O Raxal. Con cargo a fondos do Agader 2024-2025 imos aglomerar en quente o vial que une o barrio do Morgallón coa igrexa de Fazouro, que se encontra en moi mal estado, e a completar cunha dobre rega asfáltica o camiño de ferradura que conecta a Xunqueira con Vilarmea”.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...