InicioOrientalRibadeoRibadeo pecha a praia das Catedrais por causa do temporal

Ribadeo pecha a praia das Catedrais por causa do temporal

O alcalde, Dani Vega, declarou que “decidimos pechar o acceso a este areal como medida de precaución debido ao forte temporal no mar e en terra que se está a deixar sentir en Ribadeo ao longo de toda a mañá”

Publicada o

- Advertisement -

A praia das Catedrais está pechada este Xoves Santo por mor do temporal de vento en terra e no mar que se está a rexistrar na zona, como consecuencia do paso da borrasca Nelson.

O alcalde, Dani Vega, declarou que “decidimos pechar o acceso a este areal como medida de precaución debido ao forte temporal no mar e en terra que se está a deixar sentir en Ribadeo ao longo de toda a mañá”.

O rexedor dixo que “ese temporal é forte e preferimos previr co fin de evitar posibles incidencias ou accidentes. Pedimos disculpas polas molestias que se poidan ocasionar ás persoas que hoxe nos están a visitar, pero no Concello estamos para velar pola súa seguridade e neste momento non se dan as mellores condicións para visitar As Catedrais”.

ÚLTIMAS

María Méndez: “Con ‘Paseos Saudables’ buscamos combater o sedentarismo na xente”

-En que consisten estes paseos saúdables e cal é a función que lle queredes...

Morre tras chocar contra un poste e outro coche en Viveiro

Unha persoa faleceu na noite deste pasado xoves na localidade lucense de Viveiro tras chocar...

Obras de mellora e construción dunha nova canalización de augas en Ribadeo

O Concello de Ribadeo mellora a rúa Manuela Barreiro e constrúe unha nova canalización...

Burela acolle o XIV Encontro de Palilleiras o vindeiro 18 de maio

O Concello de Burela acollerá o vindeiro 18 de maio o seu XIV Encontro...