InicioOpiniónOPINIÓN: Queremos traballar?

OPINIÓN: Queremos traballar?

A autora reflexiona sobre a falta de traballadores e traballadoras para cubrir postos en determinados sectores. Non hai man de obra ou non hai vontade para formar parte dun determinado segmento laboral?

Publicada o

- Advertisement -

Carme Cruzado, xornalista

A primeira pregunta que se me ocorre desde hai moitos meses é esta: “Queremos traballar?” Pero á miña cabeza chegan outras moitas “Necesitamos un traballo?” “Temos aspiracións laborais, profesionais?” “Sentimos algunha vocación?”

As respostas déixoas para os lectores deste artigo. Eu téñoas claras, cada vez máis. Para opositar sobra xente. Para traballar como cociñeiro/a, como camareiro/a, como recepcionista, como dependenta/e, como electricista, como fontaneiro, como limpador/a, como coidador/a de maiores… a cousa cambia e complícase moito. Igual as políticas de emprego dos últimos anos non pensaron moito no traballador. Haberá quen crea que tampouco no empresario. Todo depende de segundo como se mire, di unha coñecida canción.

Pero máis aló de todo iso, dos dereitos e as obrigacións duns e outros, da duración das xornadas laborais, dos salarios… hai un problema de fondo que é a educación, a cultura e os valores transmitidos a esta sociedade desde hai moito tempo. A máxima pola que se rexen cada vez máis persoas está clara: a lei do mínimo esforzo. “Se con iso xa temos suficiente, para que imos traballar?” Para que imos dar o mellor de nós? Para que imos esforzarnos por mellorar e por ser perfectos ou rozar a perfección no noso traballo?

Todos os días oímos falar do paro neste país, pero vemos que os postos de traballo que se demandan non se cobren. Un exemplo, esta pasada Semana Santa na Mariña foron moitos os negocios, hostaleiros sobre todo, que non conseguiron traballadoras e traballadores e agora mesmo seguen buscando para o verán. Hai colectivos que organizan cursos coa inserción laboral asegurada e teñen problemas para cubrir todas as prazas. Que está a pasar? Que é todo isto? Aí queda isto para a reflexión.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no...