InicioOpiniónOPINIÓN: Un día triste para Viveiro

OPINIÓN: Un día triste para Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

Bernardo Fraga, portavoz municipal de Por Viveiro

Hoxe é un día moi triste para Viveiro, moi triste.
Perdemos outro servizo, e xa van moitos. Esta pérdida é un FRACASO POLÍTICO con maiúsculas do goberno socialista de María Loureiro. Fai cinco anos, ante a imperiosa necesidade de Aspanane de ter unha Residencia, anunciábase por todo o alto que o colexio vello de Celeiro sería reformado para acoller a Escola de Idiomas e polo tanto o edificio da actual escola de idiomas pasaría a ser a residencia de Aspanane. Para sorpresa de todos, o goberno DO PSOE EN MADRID, non só non tiña cedido o edificio do colexio vello, senón que ademáis pide 800.000€ pola venta do mesmo, incrible.  O goberno Local non  é capaz de xestionar co propio goberno amigo, a cesión gratuita do edificio.  Pasan 5 anos, e proponse unha alternativa, que resulta que tampoco era viable. 5 ANOS DESPOIS! Como se pasaran os anos sen máis, e as necesidades das familias desapareceran de repente. Non só perdemos a residencia de Aspanane, tamén perdemos a posibilidade de arranxar o colexio vello de Celeiro e revitalizar o barrio do Chao.

Hoxe bótanlle a culpa a que Viveiro carece de Plan Xeral de Ordenación Municipal, o cal o PSOE de Viveiro, non foi capaz de aprobar en 20 ANOS, e este sí é o gran fracaso do PSOE de Viveiro  e do PP na Xunta, por poñer todos os atrancos posibles. Entre os dous, nos levan a unha decadencia continuada e estrepitosa, que non sabemos se terá volta atrais. Eles son os verdadeiros culpables desta situación, por moito que se boten a culpa uns os outros.

Non podemos máis que sentir pena polo presente e futuro que se nos escapa, é hora de ir abrindo os ollos ou quizais será tarde para reparar todo o dano feito.   

Polo demais, darlle a noraboa a Aspanane por conseguir o que tanto tempo levan pelexando e merecen aínda que sexa noutro Concello. 

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no...