InicioOccidentalViveiroViveiro remata o arranxo dos danos provocados polo temporal de inverno

Viveiro remata o arranxo dos danos provocados polo temporal de inverno

“Foi un inverno duro, cunha situación meteorolóxica que provocou danos nas instalacións deportivas”, explica o concelleiro de Deportes, Eleazar Rodríguez.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa do remate dos traballos para arranxar os danos causados polos temporais do inverno no pavillón municipal e o campo de fútbol do Cembedo. “Foi un inverno duro, cunha situación meteorolóxica que provocou danos nas instalacións deportivas”, explica o concelleiro de Deportes, Eleazar Rodríguez.


“Fixemos todo o posible para axilizar as reparacións, pero nestes casos é necesario primeiro que os técnicos procedan a evaluar as avarías, para posteriormente adxudicar os traballos e realizalos”, engade o concelleiro de Deportes.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, incide en que “as tarefas tiveron algunha demora porque o temporal afectou a toda a Mariña e as empresas tiñan moita demanda, pero as instalacións xa recuperaron a normalidade”. Eleazar Rodríguez pide “desculpas polas molestias ocasionadas”, amosando a súa satisfacción polo remate das actuacións.

ÚLTIMAS

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...