InicioOccidentalViveiroViveiro recibe máis de 100.000 euros para obras no parque Pernas Peón

Viveiro recibe máis de 100.000 euros para obras no parque Pernas Peón

Publicada o

- Advertisement -

As áreas de Obras e Medioambiente do Concello de Viveiro conseguiron unha subvención de 105.897,25 euros para varias actuacións previstas no Parque Pernas Peón. Estas obras teñen como obxectivo “quitar barreiras arquitectónicas, mellorar a accesibilidade, naturalizar a zona e permeabilizar a fronteira norte do Parque para crear así un acceso máis fácil desde e cara á praia de Covas”, explica a tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez.


Para lograr estes obxectivos procederase á tala de cipreses e árbores enfermas xunto coa eliminación de tocos, á retirada de parte do muro que delimita a zona norte do parque e á mellora do acceso situado fronte ao acceso á praia de Covas.


“Os cipreses crean un efecto valado do parque, pechándoo e separándoo do espazo natural da praia de Covas, polo que a súa eliminación creará unha apertura visual desde o Parque cara á praia e viceversa, e favorecerá a creación dun conxunto natural”, afirma Bermúdez. Tamén se creará así mesmo un paso de peóns elevado, pavimentaranse os accesos ao restaurante e aseos públicos, crearase unha beirarrúa de 3 metros de ancho e plantaranse novas árbores, arbustos e vivaces para aumentar a diversidade da zona.


Míriam Bermúdez subliña que esta nova beirarrúa da que gozará o parque destacará pola súa maior accesibilidade, de cara a permitir que todas as persoas poidan desfrutar do parque sen limitacións de ningún tipo”. “Imos ordenar a liña do litoral e embelecer o lugar baixo criterios paisaxísticos e ecolóxicos, para crear unha conexión coa praia máis natural”, sinala a primeira tenenta de alcaldía de Viveiro.

“Nun futuro está previsto elevar a actual calzada ao nivel do parque e facer así un acceso desde e cara á praia sen barreiras arquitectónicas, baixo o formato coñecido como plataforma única”, engade. A concelleira de Obras e Medioambiente quere agradecer ao persoal do concello “o seu labor para seguir facendo do noso concello un lugar mellor e máis agradable para vivir”.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no...