InicioEconomíaA resposta de @oscar_puente á mala situación do FEVE: "Estudia a orografía...

A resposta de @oscar_puente á mala situación do FEVE: “Estudia a orografía e fai un cálculo dos costes dunha liña”

O ministro de Transportes acende as redes socias ao contestalle a un tuiteiro que criticaba a situación do FEVE ou que para viaxar de Ferrol a Oviedo se tarden 8 horas e 30 minutos

Publicada o

- Advertisement -

“Pues nada maestro, ponte a estudiar la orografía del territorio que separa ambas localidades, luego haces un cálculo de costes de una línea ferroviaria que pueda unir ambos puntos, y después la demanda de viajeros potencial que compartiría tus necesidades. Y me cuentas“. Deste xeito contestou o ministro Óscar Puentes a un tuiteiro que, irónicamente, lle preguntaba como poder viaxar de Ferrol a Oviedo en tren sen tardar 8 horas e 30 minutos. Unha clara alusión a mala situación na que se atopa a línea FEVE que fai ese servizo.

Unha resposta que indignou a moitos usuarios de Tuiter (agora X) e acendeu as redes sociais. O suario en cuestión @Javi_Prapi preguntaballe a Puentes: “Ministro porfavor solo quiero ir de Ferrol a Oviedo sin tardar 8h y 30. Y a ser posible del tirón, sin tener que coger un bus por el medio por avería”. E a resposta do titular de Transporte sorprendeuno aínda máis.

“No hombre, que no va a malas. Habiendo la A8 uniendo todo el norte, imagino que una vía de tren competente, quitaría bastante tránsito. Si tarda 8h y 30 en hacer un trayecto que en coche tarda 3h, pues es normal que no se use. Hay algún estudio que lo valore?”, respondeulle en medio xa dunha fervenza de comentarios doutros tuiteiros.

A polémica sobre o FEVE non é nova. É un tren de vía estreita con numerosas paradas que eternizan viaxar nel se é unha distancia longa. De feito, esta liña de tren fai case servizo de autobús, parando en moitas parroquias onde, precisamente, non chega o autobús. Con todo, os seus malos horarios e os ferrocariles desfasados que usa teñen causado moitas críticas nos últimos anos. Tamén intervencións parlamentarias en Galicia e en Madrid.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...